Aberto o prazo en Narón para comunicar a realización de fogueiras en San Xoán e San Pedro

O Concello de Narón manterá aberto o prazo para informar da realización de fogueiras de San Xoán e San Pedro en espazos privados e, no caso das localizadas en espazos públicos, aplicarase a normativa de espectáculos públicos e actividades recreativas, debendo presentar a maiores a documentación indicada no modelo A-ALC-04. Así o indicou o edil de Seguridade Cidadá e SPEIS, José Oreona, que explicou que os trámites se deben realizar exclusivamente cubrindo un formulario a través do enlace: https://run.gob.es/iyl84d80.

As comunicacións poderán realizarse ata o 19 de xuño, incluído, se ben no caso daquelas persoas que tan só realicen as de San Pedro, abrirase un novo prazo os días 25 e 26 de xuño. Na instancia, a maiores dos datos persoais do solicitante e da persoa propietaria da finca na que se localizará, é imprescindible indicar a referencia catastral da mesma para poder avanzar na tramitación. Ademais, hai que indicar un teléfono de contacto, entre outros datos.

Co fin de garantir a máxima seguridade nestas xornadas, tal e como se especifica nun bando asinado pola alcaldesa, Marián Ferreiro, haberá que cumprir unha serie de requisitos. Entre eles, que a fogueira non supere os cinco metros de altura e tres de ancho; que estean a unha distancia mínima de 30 metros das vivendas ou de vehículos, instalacións, tendidos eléctricos ou telefónicos e zonas vexetais; que non exista outra fogueira a menos de 100 metros; non queimar residuos perigosos ou tóxicos e vixialas ata a súa total extinción. En caso de vento, deben extinguirse de inmediato, para evitar posibles perigos.

As fogueiras San Xoán e San Pedro acenderanse a partir das 20:00 horas e deberán estar extinguidas ás 03:00 horas e no caso de emerxencia haberá que chamar ao teléfono 112.

Lea también

Narón súmase ao chamamento da Mancomunidade para un consumo responsable de auga

Os concellos da comarca manteñen dende xullo medidas de aforro, que continúan vixentes ante a …