Padroado da Cultura de Narón e ACM Sementeira organizan Música nas prazas

O Padroado da Cultura de Narón e a Asociación Cultural Musical Sementeira organizan Música nas prazas, unha iniciativa protagonizada pola Xove Banda de Narón e que levará durante tres sábados deste mes a música a outros tantos espazos públicos da cidade.

Así o avanzou a alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, que destacou que se trata dunha convocatoria “que permite descentralizar nesta tempada unha actividade cultural e, ao mesmo tempo, facer que os nosos veciños poidan desfrutar da música da Xove Banda de Narón en espazos públicos”.

A organización conta coa colaboración da Deputación da Coruña nesta convocatoria. A programación dará comezo este sábado na praza da Gándara e continuará o día 21 na praza de Galicia, para rematar o 28 deste mes na praza de Tranvías. En todos os casos, tal e como se recordou, as actuacións serán dende as 11:30 ata as 13:30 horas. Dende o Concello destacouse o labor da Xove Banda de Narón, a agrupación musical con máis traxectoria da Asociación Cultural Musical Sementeira

Fuente ACM Sementeira

Lea también

A Oficina de Turismo de Narón permanecerá aberta ata outubro

A oficina de Turismo de Narón, ubicada no parque de Freixeiro, nas inmediacións da glorieta, …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *