Valdoviño acolle a peza de teatro «Que che vaia ben meu canciño do palleiro»

O grupo de teatro do Centro Cultural Rosalía de Vilaboa volveu colgar o cartel de aforo completo na súa segunda función despois do seu regreso aos escenarios. Trala estrea da peza «Que che vaia ben meu canciño do palleiro» en Vilaboa, onde o centro cultural se quedaba pequeno, na tarde deste pasado domingo acudían ao auditorio municipal da casa da cultura de Valdoviño, onde as preto de 200 butacas se quedaban tamén escasas.

A concelleira de Cultura, Rosana García, aplaudía a volta do grupo á escea e reivindicaba o seu papel como axente dinamizador da vida sociocultural, namentras que a directora e autora da obra, Ana María Bouza García, poñía en valor a iniciativa dos mozos para reactivar a compañía e aseguraba que neles está o futuro do rural, tema central da peza.

En clave de comedia, e coa esaxeración por bandeira, aborda a realidade das aldeas galegas que loitan por seguir vivas, e o choque vivencial entre os seus veciños e os novos residentes procedentes de zonas urbanas. Unha peza que volvía a arrincar o aplauso unánime do público. 

 

Lea también

La escuela infantil de Neda arranca el curso con 25 niños y matrícula abierta para cubrir plazas libres

Con el proceso de adaptación de los 25 niños y niñas que iniciaron el curso …