A XV Xuntanza Clásicos Narón conta coa participación de preto dun centenar de vehículos

A décimo quinta edición da Xuntanza Clásicos Narón desenvolverase este domingo día 8 na cidade. O edil de Deportes, Ibán Santalla, presentou a convocatoria xunto con José Antón, José Núñez e Pepe Couto, presidente, vicepresidente e tesoureiro, respectivamente do Auto club Clásicos Narón.

Ao encontro asistirán preto dun centenar de vehículos de entre 30 e 75 anos de antigüidade e chegados de diferentes municipios galegos, tal e como avanzaron.

O programa abrirase ás 9:30 horas, coa chegada dos participantes ao aparcadoiro do centro de saúde de Narón; Dende alí partirán sobre as 11:00 horas, cara ao Arsenal militar de Ferrol, onde realizarán unha visita guiada polas instalacións que, unha vez rematada, levará aos participantes ao paseo marítimo de Xuvia. Baixo unha carpa alí instalada haberá un xantar de confraternidade, no que participarán unhas 150 persoas, segundo avanzaron.

“Que siga a afección aos vehículos clásicos é unha cousa boa. Dende o noso club notamos que cada vez temos máis xente nova, que compra este tipo de vehículos por afección”, asegurou o presidente de Clásicos Narón.

O concelleiro de Deportes, pola súa banda, animou á cidadanía a achegarse ao aparcadoiro do centro de saúde ou ao paseo de Xuvia “para poder ver os vehículos que participarán nesta edición, tan coidados e que son xa unhas auténticas xoias do pasado”. Así mesmo, felicitou ao club local polo seu traballo e por “seguir apostando polos clásicos e por organizar co Concello un evento destas características”.

Lea también

Marineros reservistas y civiles protagonizaron este viernes una Jura de Bandera en Ferrol

(Gráficas Galicia Ártabra)- 5 aspirantes a Marineros Reservistas y 15 civiles que renuevan o realizan …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *