Axenda en Narón do 7 e 8 de xuño de 2025

Sábado 7 de xuño de 2025

-Actividade: I Torneo de hockey patíns Cidade de Narón. No Pavillón municipal do Val; De 11:00 a 21:00 horas.

Uns 200 deportistas de seis clubs galegos, entre eles o Hockey Narón, participarán neste torneo, organizado polo cidado club local e o Concello de Narón.

-Actividade: Fada Diana.  Na Biblioteca municipal, ás 11:00 horas.

O público familiar e infantil (a partir de 3 anos) é o destinatario desta actividade, programada con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente (que se conmemora cada 5 de xuño) e que está pensada para traballar a concienciación ecolóxica cos nenos e nenas dende unha perspectiva lúdica e participativa.

-Actividade: Festa do marisco. No paseo marítimo de Xuvia, ás 12:00 horas.

O Concello e a Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Barallobre organizan esta convocatoria, na que se poderá degustar un menú a base de vieiras, zamburiñas, paella de marisco… Os tickets da comida poderán adquirirse o mesmo día na zona da carpa.

-Actividade: Trasankos Rock Lugar. Na Rúa das Cerámicas (Pena Parda, San Xiao); A partir das 18:00 horas apertura de portas e inicio dos concertos ás 18:45 horas

O rock chegará a Narón da man do Concello e da Asociación sen ánimo de lucro Trasankos Rock, que organizan este evento no que actuarán o recoñecido Evaristo Páramos, co seu grupo Tropa do Carallo, e tamén os grupos Manifa, Raiade, Lenincat, A Revolta e Lixo Sozial.

San Andrés de Teixido

Domingo 8 de xuño de 2025

Actividade: Ponte en ruta con nós: Santo André de Teixido (primeira etapa). Saída do mosteiro do Couto ás 8:30 horas.

O Concello desenvolverá unha nova andaina do programa municipal Ponte en ruta con nós. Nesta primeira etapa do Camiño a Santo André de Teixido os camiñantes sairán do mosteiro do Couto cara a Porto do Cabo, en Valdoviño. O regreso será en autobús e a vindeira etapa, de Porto do Cabo ata Santo André, o día 15 deste mes.

Presentación no Concello da «XV Xuntanza Clasicos Narón-2025»

-Actividade: XV Xuntanza Clásicos Narón. No Aparcadoiro do centro de saúde e paseo de Xuvia, dende as 9:30 e saída ao Arsenal Militar sobre as 11:00 horas.

O Concello e o Auto club Clásicos Narón organizan o evento, no que participarán preto dun centenar de vehículos clásicos. Despois de concentrarse no aparcadoiro do novo centro de saúde, sobre as 11:00 horas partirán cara a Ferrol para regresar a Xuvia e participar nun xantar de confraternidade ás 15:00 horas.

-Actividade: Fin de curso de bailes de salón. No Pazo da Cultura, ás 18:00 horas.

O alumnado das escolas culturais municipais, de bailes de salón, participará no acto de final de curso organizado no Pazo.

Lea también

Buenos resultados del AD Náutico de Narón en el Cto de España de Triatlón Cross, Duatlón Cross y Acuatlón

Buena actuación de los deportistas del Tri Náutico de Narón desplazados a Calahorra (LA Rioja) …