Próxima licitación das obras de rehabilitación integral do CEIP A Gándara por un importe estimado de1,6 M€

A Xunta licitará este mesmo ano as obras de rehabilitación integral do CEIP A Gándara. A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, e o director territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Indalecio Cabana, mantiveron na mañá deste xoves unha reunión coa dirección do centro á que se lle trasladou o traballo realizado ata o momento para que o CEIP A Gándara conte cunhas instalacións modernas e adaptadas ás novas necesidades educativas.

Así o departamento autonómico xa ten redactado o proxecto para acometer esta actuación que, neste momento, se atopa en supervisión e cuxo investimento está estimado en 1,6 M€.

A intervención contempla o cambio de cuberta e das carpinterías exteriores de todo o edificio. Para mellorar a eficiencia enerxética na envolvente térmica do edificio aplicarase o sistema de illamento térmico exterior (SATE) e substituirase a iluminación actual por outra de tipo LED.

A delegada territorial sinalou que esta actuación se enmarca no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta coa que o Goberno galego está modernizando os centros de ensino, converténdoos en instalacións máis eficientes, sostibles e axustadas ás necesidades educativas actuais.

Lembrou ademais que ao abeiro deste plan, a Xunta está acometendo nos últimos anos actuacións de mellora nos centros educativos de Narón como a instalación de ascensores no propio CEIP A Gándara, así como CPI O Feal ou no CEIP Plurilingüe Virxe do Mar.

“Continuamos planificando as actuacións de xeito progresivo en función das necesidades que requiren os diferentes centros educativos”, indicou Aneiros quen lembrou que en Galicia hai actualmente máis de 1.600 edificios cunha antigüidade media de 40 anos.

Lea también

Narón prepárase para vivila Festa do Marisco

A concelleira de Festas, Mar Gómez, e o presidente da Confraría de Pescadores Santiago Apóstol …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *