Psoe Ferrol afirma o fracaso da xestión económica do goberno local

«O fracaso da xestión económica do PP en Ferrol queda en evidencia cun novo modificado millonario». Ángel Mato, voceiro do Grupo Municipal Socialista: «Este é un goberno sen rumbo, que presume de facer orzamentos pero é incapaz de executalos nin de planificar as necesidades reais da cidade»

O Grupo Municipal Socialista denunciou a situación de desgoberno e falta de planificación que sofre o Concello de Ferrol baixo a dirección do Partido Popular. Segundo indican os socialistas, o goberno local presentou xa a modificación de crédito número 56 do exercicio, o que pon de manifesto que o orzamento aprobado hai apenas dous meses é “a crónica dun orzamento fracasado”.

“A modificación de crédito que irá ao próximo pleno ascende a máis de 10 millóns de euros, unha cifra elevadísima que non responde a necesidades sobrevidas, senón á absoluta incapacidade do goberno local para planificar e prever os gastos do municipio”, explicou Ángel Mato. “Partidas como a contratación de socorristas, a iluminación do Nadal, o Entroido ou o pintado das rúas deberían estar contempladas desde comezos de ano”.

Desde o Grupo Socialista lamentan que a xestión do PP se base na improvisación e nos anuncios baleiros, e que continúe a parálise en materia de investimento. No primeiro trimestre do ano só se executou o 2,09 % dos investimentos, unha cifra “ridícula” en comparación cos máis de 31 millóns orzamentados. “Teñen o diñeiro pero non son quen de poñer a traballar o Concello”, subliñou Mato.

Así mesmo, criticouse que parte dos fondos do modificado se destinen a cuestións repetitivas como as cabalgatas ou actividades culturais anuais, o que, en palabras do voceiro, “amosa a falta de previsión e desminte o mantra de boa xestión económica que pretende vender o goberno local”.

Os socialistas tamén alertan de que proxectos importantes como o arranxo das beirarrúas na rúa Poeta Pérez Parallé —reivindicado e proxectado polo anterior goberno— se financien agora, dous anos despois. “A este ritmo, Ferrol tardará 40 anos en resolver os seus problemas estruturais”, sinalou con ironía.

Finalmente, o Grupo Municipal Socialista fixo un chamamento ao goberno local: “Con 13 concelleiros e 11 asesores, o que se está a facer non ten xustificación. Este goberno non ten modelo de cidade e está protagonizando a peor xestión económica que lembramos en décadas”.

Lea también

Finaliza la reparación en Ferrol del tejado del antiguo edificio de la Cámara de Comercio en FIMO

Los trabajos de reparación del tejado del antiguo edificio de la Cámara de Comercio, en …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *