A Deputación inviste máis de 800.000€ en actividades de promoción económica

A Deputación da Coruña achega 808.725 euros para o programa FOENAA/2025, de subvencións a entidades e asociacións empresariais da provincia para a realización de actividades de promoción económica durante o ano 2025. Os 52 beneficiarios recibirán axudas de entre 5.000 e 28.000 euros.

“Con esta liña de axudas”, explica o vicepresidente, Xosé Regueira, “reafirmamos o noso compromiso de impulsar o desenvolvemento económico, o fomento do emprego, o apoio ao comercio e á hostalaría da provincia, reforzando liñas de comercialización e promoción dos nosos produtos de calidade que permitan a penetración no mercado”.

“Conscientes dos desafíos que presenta a actual conxuntura de incerteza global, coa transición enerxética, o cambio climático e mesmo a inestabilidade xeopolítica”, engade, “apostamos por apoiar o sector económico e turístico en todas as súas dimensións, especialmente no que afecta á creación de emprego e ao mantemento de estruturas profesionais e creativas”.

Estas subvenciones permitirán por exemplo, segundo Regueira, “a organización de feiras, xornadas e campañas estratéxicas que favorezan o crecemento dos nosos sectores clave dun xeito equilibrado e sostible e contribúan á dinamización e á proxección de todo o territorio coruñés como un referente económico e turístico, fortalecendo o tecido empresarial e xerando oportunidades e riqueza para toda a cidadanía”.

A relación de beneficiarios está publicada no BOP do 28 de maio.

Lea también

López Campos reivindica el compromiso de la Xunta con la Catedral de Mondoñedo, a la que dedica 300.000 euros este año

El conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, ha visitado este miércoles la …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *