O Concello de San Sadurniño amplía un día máis as inscricións na carreira popular do domingo

O Concello de San Sadurniño ampliou ata as 23:59 horas deste mércores 28 de maio  o prazo para apuntarse na novena edición da carreira popular que vai percorrer a contorna do centro urbano na xornada do próximo domingo, 1 de xuño. A escasas horas de que finalice o prazo de inscrición, na cita xa van anotadas máis de 300 persoas, na súa maior parte para a proba absoluta de 4,9 quilómetros.  Para participar cómpre rexistrarse a través da web emesports.es. O trámite é gratuíto nas carreiras inferiores, mentres que a inscrición na principal ten un custe de 5€.

Carreira popular de San Sadurniño. Foto de archivo-2

A xornada deportiva  do domingo introduce como principal novidade a reestruturación das categorías na carreira absoluta, que se reducen á metade con respecto ao ano pasado. En vez de oito serán catro, ao quitar as Sub 18, Sub 20, Sub 23 e Máster 4. De feito, as tres categorías da mocidade, tanto no apartado masculino como no feminino, quedan agora encadradas  dentro de Sénior, dedicada a persoas nadas entre 1991 e 2009, ambos incluídos.

En canto a Máster  haberá tres subdivisións -tamén femininas e masculinas-, Máster 1 para deportistas que nacesen do 1985 ao 1990, Máster 2 para persoas nadas entre 1975 e 1984 e Máster 3 para as e os participantes de nacemento anterior ao 1965.

Esta proba tomará a saída ás 11:30 horas para dar unha grande volta que pasará pola Bidueda, cruzará Cornide e seguirá pola beira da estrada de Ortigueira ata chegar á Casa do Concello, onde os e as deportistas encararán a recta final pasando polos xardíns municipais e o Mesón A Granxa antes de rematar de novo na Cortiña.

Son 4,9 quilómetros para os que se dá un tempo máximo de 50 minutos e que adoitan enganar ás corredoras e corredores con menos experiencia á hora de dosificar forzas, debido principalmente a un penúltimo tramo -o que discorre pola AC-862-  non demasiado pronunciado pero si o suficientemente longo como para baixar o ritmo xeral e producir cambios importantes na clasificación relativamente preto do arco da meta.

As categorías escolares  — masculina como feminina— competirán de balde compartindo un mesmo circuíto no centro do arboreto que  unicamente variará o número de voltas: tres, con 900 metros en total, no caso de deportistas que nacesen entre 2009 e 2012 (categorías Sub 16 e Sub 14); dúas voltas -600 m- no caso de corredores e corredoras Sub 12 dos anos 2013 e 2014; e unha volta de 300 metros para as cativas e cativos Sub 10, dos anos 2015-2016.

Para a rapazada de Peques, nacida en 2017 e anos posteriores, organizarase unha proba adaptada cun tramo recto de 60 metros sobre o sendeiro principal, realizándose saídas en pequenos grupos segundo idades para garantir a seguridade.

Carreira popular de San Sadurniño. Foto de archivo

Porén, para participar, antes hai que anotarse. As inscricións recóllense unicamente en liña a través da web emesports.es. Despois de que o Concello ampliase un día máis o prazo, a última oportunidade para facelo é este mércores 28 de maio ás 23:59 horas . A participación é gratuíta en todas as carreiras agás na absoluta, que ten un custe de 5€ por deportista. Iso si, todas as corredoras e corredores, sexan da categoría que sexan, terán cobertura de seguro, avituallamento, cronometraxe e un agasallo, ademais de optar aos trofeos que se entregarán de Sub 10 a Absoluta (en Peques hai medalla para todas e todos).

A popular de San Sadurniño é xa unha das citas clásicas para o deporte afeccionado da comarca, ademais de formar parte do calendario oficial da Federación Galega de Atletismo, que tamén se ocupará do control dos tempos mediante chip. Tamén colaboran a clínica local Fisio-che ben, que terá un servizo de recuperación muscular trala carreira, e o club MTB Biela e Chaveta, que habitualmente vai abrindo e pechando en bicicleta todas as probas.

Parte importante da xornada é tamén a animación do speaker. Nesta ocasión volverá ser o xornalista deportivo Terio Carrera quen se encargue dos chamamentos para as saídas, de facer interesantes entrevistas que se escoitarán pola megafonía e de contar entre proba e proba unha chea de curiosidades sobre o athletismo.

Lea también

O Parrulo Ferrol buscará el segundo punto en las semifinales de los playoffs de ascenso en El Ejido

O Parrulo Ferrol va a por todas de cara al segundo partido de las semifinales …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *