300 menores de seis centros de ensino de Narón participan no proxecto “Pegadas seguras”

O Concello de Narón e a Dirección Xeral de Tráfico colaboran nunha iniciativa que se implantou por primeira vez este curso escolar en seis centros de ensino da cidade.

“Pegadas seguras” é o nome deste proxecto, iniciado a finais do pasado ano en colaboración coa docente do colexio Ponte de Xuvia, Verónica Ramos Basoa, e na que se implicaron ademais os colexios de Piñeiros, O Feal, Jorge Juan, Virxe do Mar e Santiago Apóstol. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, desprazouse ao colexio Ponte de Xuvia, onde dende o terceiro trimestre –ao igual que nos outros cinco centros- se imparte esta nova asignatura.

Na visita estivo tamén persoal docente do centro, Federico Ceniza Gómez, representante da DGT e Pedro Caneiro e Sonia López, integrantes do equipo de Educación Viaria do Concello.

A alcaldesa explicou que se trata dun proxecto dirixido a menores de terceiro, cuarto e quinto curso de educación infantil do que este curso se beneficiaron preto de 350 nenos e que se implantará en máis centros o vindeiro curso.

Ferreiro puido comprobar de primeira man parte dos traballos que se levan a cabo no tempo en que se imparte, destacando o feito de que “a través do xogo e outros contidos atractivos para os menores se poidan formar en áreas como a seguridade e responsabilidade co entorno, repectando normas, coidando o medio ambiente, coñecendo medidas de autoprotección e primeiros auxiliios… un labor no que os acompaña o profesorado e no que tamén se conta co apoio das familias”.

O desenvolvemento de habilidades prácticas e motoras, o fomento de actitudes responsables e cívicas, a exploración do entorno, a autoprotección, o desenvolvemento da creatividade… forman parte dos obxectivos deste proxecto.

Entre os recursos empregados, tal e como se indicou, figuran o boneco “Pegadas”, a mascota dese programa municipal; un robot, contos como os de “Moncho e Cucquiña” ou “Os Bolechas visitan Narón”, cancións, o corredor activo de educación viaria… e tamén actividades como o recentemente implantado Bicibús, para acudir aos colexios Ponte de Xuvia e Jorge Juan, saídas en bici nas contornas dos centros de ensino e charlas aos menores a cargo de responsables da Dirección Xeral de Tráfico.

Lea también

Unha unidade móbil para a doazón de sangue visitará Narón o vindeiro luns e martes

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará o vindeiro …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *