Finalizan en As Pontes as obras de mellora nos camiños rurais de Terbá e Tras o Río

A pasada semana concluíron as obras de mellora dos camiños rurais en Terbá e Tras o Río, un proxecto cun orzamento de 43.982,29 euros con cargo aos Fondos AGADER.

Fuente Concello de As Pontes

Ambas actuacións tiveron como obxectivo mellorar a seguridade viaria e evitar que se siga producindo a degradación deste camiños  a través da rehabilitación dos mesmos para dotalos dunha óptima calidade, tanto superficial como estrutural para aumentar a comodidade e seguridade que esixe este tipo de viarios.

Entre os traballos realizados incluíuse o varrido de superficie e limpeza de marxes así como a  limpeza das cunetas e á eliminación de vexetación que invadía os viarios. Reparáronse as fochancas e zonas afundidas existentes mediante a achega de pedra e unha rega asfáltico, saturado e compactado.

Fuente Concello de As Pontes

Así mesmo, as zonas lixeiramente deformadas regularizáronse mediante formigón bituminoso. Ademais, procedeuse ao fresado do firme existente para realizar correctamente o entroncamento coas estradas existentes.

O afirmado realizouse mediante a extensión e compactación dunha nova capa de rodaxe formada por 5 centímetros de formigón bituminoso. As obras remataron coa reposición da sinalización horizontal e vertical correspondente segundo a lexislación vixente.

Lea también

Un hombre apuñala en un brazo al dueño de la vivienda que ocupa ilegalmente en As Pontes al cortarle una conexión de luz ilegal

La Guardia Civil mantiene abierta una investigación contra un hombre acusado de agredir con un …