A Deputación da Coruña apoia con 0.5M€ a celebración de 24 grandes eventos deportivos

A Deputación da Coruña publicou no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a concesión provisional de 24 axudas económicas a outros tantos clubs, asociacións e sociedades da provincia que levan a cabo distintos eventos deportivos de singular interese nos concellos da provincia durante o ano 2025.

Pantin / Fuente Diputación de A Coruña

As achegas provinciais, incluídas nunha das múltiples liñas de subvencións ao deporte que impulsa cada ano a Deputación, supoñen un investimento global de 499.250 euros, que teñen como obxectivo “apoiar a celebración de grandes eventos deportivos, que reúnen a deportistas do máximo nivel e que, ademais de fomentar o deporte, contribúen a proxectar a imaxe da nosa provincia a nivel nacional e internacional”, segundo destacou o deputado de Deportes, Antonio Leira Piñeiro, que subliñou que esta convocatoria encádrase dentro dos 4,5 millóns de euros que a Deputación destina en distintas liñas de axudas directos aos clubs para impulsar o deporte coruñés, desde as categorías de base a grandes eventos coma estes.

Pantin / Fuente Diputación de A Coruña

A Deputación da Coruña colabora así este ano na financiación de probas deportivas de renome como o Pantín Classic Galicia Pro, proba da World Surf League; os campionatos de Autocross de Carballo e Arteixo, puntuables para o campionato de España; o Gran Premio Internacional de Marcha Atlética Cantones da Coruña-Trofeo Sergio Vázquez, que reúne a algúns dos mellores atletas de marcha do mundo, a recente celebración da fase de ascenso a división de honor B do OAR Coruña de balonmán, o rallye Rías Altas de vehículos históricos e o ecorallye da Coruña, o III Trail Ruta dos faros da Costa da Morte, a XII proba ciclista Rutas Xacobeas- Copa de España, Equiocio Ferrol ou o campionato de España de Surf Open e Liga ProSurfing na Coruña.

Fase ascenso OAR/ Fuente Diputación de A Coruña

As axudas, que oscilan entre os 17.750 e os 25.000 euros, poden consultarse aquí:

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/05/23/2025_0000003225.html

Lea también

El trofeo del Mundial femenino conquistado por España en 2023 se exhibe en Ferrol dentro de la iniciativa ‘Elas Xogan’

La plaza de la Constitución de Ferrol acoge este viernes una de las actividades de …