Fene reorganiza as áreas de goberno tras a elección de Sandra Permuy como alcaldesa

Tras a elección de Sandra Permuy como nova alcaldesa de Fene, no pleno celebrado o pasado 16 maio, o goberno municipal vén de reorganizar as responsabilidades das diferentes concellarías, co obxectivo de optimizar a xestión e reforzar o traballo das distintas áreas.

A alcaldesa Sandra Permuy asumirá, ademais das funcións propias da alcaldía, a responsabilidade directa da área de igualdade. A reestruturación contempla tamén novas competencias e áreas para os membros do goberno local, configurando un  equipo que combina experiencia, renovación e compromiso.

Novas atribucións e responsabilidades

Manuel Polo, que até o de agora era o responsábel de urbanismo e obras, asumirá a 1ª tenencia de alcaldía e as áreas de urbanismo, persoal, benestar social e a delegación da auga.

Mª Carmen Martínez, que viña sendo a responsábel de medio ambiente, pasa a ocupar a concellaría de obras e a 2ª tenencia de alcaldía.

Justo Martínez, concelleiro de cultura, incorpora tamén a xestión da área de facenda, ao tempo que será o 3º tenente de alcaldesa.

Ángeles Coira, concelleira de promoción económica, suma a esta área as responsabilidades de formación e emprego e a xestión dos cemiterios, ademais da 4ª tenencia de alcaldía.

Adán Chao, que viña exercendo como concelleiro de deportes, será no novo goberno o responsábel das áreas de servizos e seguridade, e 5º tenente de alcaldesa.

Cristina García, que ocupaba a área de formación e emprego, pasa a dirixir medio ambiente e ensino.

E por último, Alba García, recentemente incorporada á corporación, asumirá as áreas de deportes e mocidade.

Un equipo “preparado e comprometido”

A alcaldesa de Fene, Sandra Permuy, indicou que “a reorganización das áreas responde ao obxectivo de dar un novo impulso á xestión municipal, reforzar as políticas públicas e estar máis preto da veciñanza”. E valorou moi positivamente o novo equipo, que definiu como “diverso, que combina experiencia e renovación, e que comparte un proxecto común para seguir mellorando Fene desde a proximidade e a transparencia”.

“Fene conta cun goberno cohesionado, con persoas moi preparadas e comprometidas co seu traballo”, destacou a alcaldesa, quen asegurou que o novo reparto das áreas de goberno entrará en vigor “de forma inmediata”, co obxectivo de dar continuidade ao traballo desenvolvido até o momento e afrontar os novos retos do mandato.

Lea también

Neda pondrá en marcha en noviembre cuatro cursillos de manejo del móvil para mayores

Las personas interesadas en participar deben inscribirse en la Casa del Ayuntamiento.   El Ayuntamiento …