«Mentres outros concellos da contorna como é o de Ares están a tramitar a súa propia ordenanza, o goberno local non ten ningunha iniciativa política para a xestión da crise».
Ferrol en Común expresa a través dun comunicado que «o picudo vermello está a ocasionar graves danos nas palmeiras da nosa cidade. As súas larvas están a acabar coa coroa e tronco desa vexetación. A crise é tal que a propia Unión Europea en varias directivas as medidas a tomar nesta situación de emerxencia, traspostas polo Ministerio de Medio Ambiente».
«Son múltiples as administracións as que están regular normativamente as medidas de choque contra esta praga, co fin de establecer os criterios de actuación en materia de poda, tratamento dos restos e tratamentos fitosanitarios».
«O goberno local, en lugar de acometer un plan integral, está a actuar puntualmente nas palmeiras que están situadas dentro das propiedades municipais, sen tomar ningunha medida en canto as palmeiras que están noutro terreo público doutras administracións, como a autoridade portuaria, a Xunta de Galicia ou o Ministerio de Defensa». «Tampouco ten ningunha directriz respecto ás palmeiras visiblemente afectadas en terreos particulares. A única actuación visible limítase ao apeo sen remedio dos exemplares danados».
Dende Ferrol en Común «consideramos que se debe salvar este patrimonio natural, coordinarse con outras administracións e establecer unha serie de obrigas para os propietarios, todo iso a través dun procedemento regulado, cunha ordenanza específica, que regule as obrigas, o tratamento e a prevención para todas as palmeiras, afectadas ou non polo picudo vermello, informando a toda a veciñanza e instando a súa colaboración, para evitar que a especie sexa erradicada do noso termo municipal».