O BNG de Narón demanda solucionar os problemas de estrutura da praza de galiza

O BNG demanda arranxar a praza de Galicia polos graves problemas estruturais causantes das humidades da casa do Concello e do Centro comercial Narón.

Centro Comercial de Narón-Fot. archivo

O BNG de Narón denuncia nun comunicado que o conxunto edificado da casa do concello de Narón e o Centro Comercial están a sufrir graves problemas de humidades que afectan a negocios e moitas zonas do consistorio.

Por todo iso, desde o BNG reclaman a través dunha moción «o estudo-informe definitivo que solucione os problemas de humidade estrutural de maneira urxente e unha reforma da Praza que garanta que non volva a acontecer» “hoxe, locais comerciais teñen problemas con mercancía estropeada por este motivo e no concello non só con mobiliario ou deterioro de paredes e falso teito se non tamén de saúde polas condicións que provocan estas humidades” indica Olaia Ledo, voceira municipal do BNG de Narón.

Lea también

Narón súmase ao chamamento da Mancomunidade para un consumo responsable de auga

Os concellos da comarca manteñen dende xullo medidas de aforro, que continúan vixentes ante a …