As Pontes Ecuestre regresa o Lago ó 7 de xuño

A contorna do Lago acolle o 7 de xuño a terceira edición de “As Pontes Ecuestre”. Organizada polo Club Hípico local Prado Ventura, a cita contará un ano máis coa colaboración do Concello pontés e o apoio da Federación Hípica Galega.

Fuente Concello de As Pontes

O comité organizador avanzaba esta mañá a apertura do prazo de inscrición de xinetes e amazonas no Concurso de Saltos Territorial, no Campionato Galego de Andadura e na I Liga Ferrol-Eume-Ortegal, unha das novidades do certame.

En canto ás inscricións, abertas a través da plataforma web da federación, a organización confía en reeditar os bos rexistros do pasado ano, cando se deron cita na localidade preto de 200 xinetes e amazonas procedentes de toda Galicia e un claro predominio do Norte. “As Pontes Ecuestre” cumpría así as expectativas e obxectivos cos que nacía hai 3 anos: fomentar a actividade e os deportes ecuestres no municipio e reforzar a promoción como destino turístico ligado ao deporte e á natureza.

Fuente Concello de As Pontes

Por último, sinalar que todas as competicións que se desenvolverán no evento terán carácter exclusivamente federado, e serán xulgadas por oficiais habilitados pola Federación Hípica Galega. Así mesmo, todos os participantes deberán estar en posesión das súas correspondentes licenzas federativas en vigor para o ano 2025.

Lea también

As obras de mellora na avenida das Veigas rúa Pardo Bazán nas Pontes, entran na súa fase final

Os traballos de rehabilitación do firme na avenida das Veigas e na rúa Pardo Bazán, …