O Concello de Ponteume reúnese coa Xunta para tratar o desenvolvemento de novo solo industrial

O alcalde Bernardo Fernández Piñeiro mantivo unha xuntanza coa directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao. O obxectivo é a creación de algo máis de 200.000 metros cadrados de solo industrial para que novas empresas se trasladen ao concello.

O Concello de Pontedeume reúnese coa Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial da Xunta de Galicia para avanzar no desenvolvemento de novo solo industrial.

A directora xeral Margarita Ardao mantivo unha xuntanza co alcalde Bernardo Fernández Piñeiro para abordar as posibilidades de desenvolver solo industrial neste municipio e para tratar as medidas ao respecto impulsadas pola Xunta.

Fernández Piñeiro destacou na reunión “a necesidade de colaboración entre institucións para promover accións que repercutan positivamente no conxunto da cidadanía”.

O obxectivo é a creación en Pontedeume de algo máis de 200.000 metros cadrados de novo solo industrial para permitir que novas empresas se trasladen ao concello.

A directora xeral trasladoulle ao rexedor a estratexia da Xunta para facilitar o asentamento de novas empresas en Galicia e ampliar as que xa están instaladas, a través, entre outras cousas, de desenvolver solo industrial nos concellos que teñen necesidade e onde as empresas están esperando para poder asentar as súas industrias.

Nesta liña, sinalou que o Executivo autonómico puxo en marcha figuras de creación de solo, como é o caso da Zona de Aceleración de Proxectos Empresariais e Solo (Zapes), co obxecto de dar axilidade e facilidade a aqueles proxectos que precisan solo de maneira urxente.

Tamén trataron a figura das Zonas industriais rurais (ZIR), pensadas para actividades industriais de menor envergadura localizadas en áreas rurais con necesidades de solo. Estes mecanismos teñen o obxectivo de acadar un desenvolvemento industrial homoxéneo en toda Galicia.

 

Lea también

Neda activa la merienda de Navidad de la tercera edad

El Ayuntamiento de Neda inicia los preparativos para su programación especial de Navidad. Desde el …