Valdoviño acolle a representación da obra «Que che vaia ben meu canciño do palleiro»

Valdoviño pechaba o domingo á tardiña a programación das Letras Galegas coa representación teatral da obra «Que che vaia ben meu canciño do palleiro» a cargo do grupo de teatro do Centro Cultural Rosalía de Vilaboa, parroquia que acollía a función.

Unha trepidante e divertidísima peza, escrita e dirixida por Ana María Bouza García, que puxo en pé ao público do auditorio, cheo ata a bandeira. Un público que desfrutou tamén da magnífica actuación coa que se abría a xornada a cargo da formación de música tradicional «Vai Rañala, Meu!».

Lea también

Ferrol acolle unha nova edición do Ciclo de Teatro de Monicreques e Obxectos Animados Festea

Ferrol acolle desde este sábado 17 de outubro, unha nova edición do Ciclo de Teatro …