As Pontes homenaxea ás cantareiras polo 17 de maio

As Pontes, con motivo das Letras Galegas 2025, que este ano homenaxean a tradición oral e a poesía popular galegas poñendo o foco nas cantareiras, deseñou unha programación que inclúe concertos, teatro e charlas.

Fuente Concello de As Pontes

O Concello iniciou a súa programación este martes con de os concertos, un destinado ao alumnado dos centros educativos do municipio e outro ao público xeral, da Escola Municipal de Pandeireta, a través desta iniciativa buscábase poñer en valor o papel da escola na preservación da tradición oral e na que máis de 50 persoas, de todas as idades, aprenden a cantar en galego e a manter viva a identidade cultural galega.

As celebracións continuarán este xoves 15 co espectáculo Desde Rosalía ata as Cantareiras da Xanela do Maxín, destinada ao público familiar, ao amparo da iniciativa, Xoves na Biblioteca, no que mediante o uso de diferentes técnicas: narración oral, proxeccións holográficas, música ou teatro de obxectos poñemos en valor o legado das mulleres excepcionais homenaxeadas nas Letras Galegas, desde Rosalía de Castro ata as cantareiras, mostrando a pegada que as estas mulleres deixaron na na literatura e no teatro galegos e que destacaron pola súa creatividade, compromiso e contribución á nosa rica cultura.

E a continuación, ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal Cinema Alovi será queda para o Conservatorio de Música Profesional de Música das Pontes e o seu concerto das Letras galegas no que participarán a agrupación de corda do centro educativo e o Ensemble de pianos e no que contarán coa colaboración do grupo poético Alalá.

O venres tomará o relevo a Banda Cultural e Recreativa das Pontes que, a partir das 20:00 horas, no Auditorio Municipal Cinema Alovi, renderá homenaxe ás cantareiras en recoñecemento da importancia da poesía popular na sociedade e cultura.

E o sábado será a quenda para as actividades programadas polo Liceo Recreativo das Pontes, a partir das 19:00 horas, no seu local social e entre as que destaca unha charla impartida polo cronista oficial das Pontes, Xosé María López, sobre as cantigas e un concerto a cargo da Rondalla Vila das Pontes e o grupo vocal Alegre Intermezzo.

As actividades concluirán o día 21 de abril, ás 20:00 horas, na Biblioteca Municipal co charla “Ao redor das Letras Galegas” de María Lado que recentemente publicou Canta, a miña compañeira (Xenerais 2025), un pequeno libro que nos penetra nel mundo de las “cantareiras”, mulleres anónimas, transmisoras da música e a poesía popular oral.

Lea también

Moeche celebra as Letras Galegas con música, libros, contacontos e deporte

A Real Academia Galega decidiu homenaxear nas Letras deste ano 2025 ás cantareiras e a …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *