Campaña en Narón para garantir o cumprimento de pago da taxa polo servizo de recollida de lixo

O Concello de Narón iniciará este xoves 15, unha campaña de regularización fiscal voluntaria previa á de inspección tributaria que se levará a cabo sobre a taxa de recollida de lixo. O edil de Facenda, Román Romero, explicou ao respecto que todos os inmobles residenciais ou non residenciais de uso comercial, industrial, empresarial e profesional deben abonar esta taxa e que se levará a cabo unha campaña para detectar posibles casos nos que por diferentes motivos non se está abonando a contía estipulada.

O concelleiro indicou que tras eses posibles casos están persoas que non se deron de alta no servizo, datos erróneos ou descoñecidos pola administración, recibos a nome de persoas falecidas ou que xa non son os propietarios dos inmobles, tarifas declaradas erróneamente… “En todos eses casos, as persoas que se vexan afectadas poderán regularizar a situación dende o 15 de maio ata o 16 de xuño en período voluntario, como paso previo a unha campaña de inspección tributaria que se levará a cabo este ano e que precisamente se centrará na taxa de recollida de lixo”, apuntou Romero.

Para esa regularización deben dirixirse ás oficinas da empresa Cosma (rúa do Rosal, 33-baixo), de luns a venres en horario de 8:30 a 13:00, onde se lles facilitará toda a información e documentación precisa. Así mesmo, no caso de ter dúbidas ao respecto poden tamén dirixirse ao cuarto andar do Concello de Narón, onde está o departamento de Facenda, de luns a venres en horario de 8:30 a 13:00 ou chamar por teléfono ao 981 337 700 (extensións 1411 e 1405).

Lea también

Personal de Sodexo en Narón secunda una huelga de 24 horas en demanda de mejoras laborales

Los trabajadores de los comedores de Inditex reclaman aumentos salariales y mejores condiciones sociales. El …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *