A SGHN acolle a presentación da II edición da obra “A gaivota de Claudiniño, e o Gorrión da praza”

Este venres 9 de maio, ás 19:30 horas  no auditorio do Museo de Historia Natural (praza de Canido, Ferrol), terá lugar a presentación da segunda edición da obra “A gaivota de Claudiniño, e o Gorrión da praza”, de Rafael López Loureiro.

“A gaivota de Claudiniño, e o Gorrión da praza” é un fermoso relato xermolado no berce da súa propia historia familiar escoitada na casa dende a súa nenez, e convertida finalmente neste libro que conta con fotografías do propio autor e que vén editado por Remo Revolución, S.C.D.R.

Os beneficios da súa primeira edición foron dedicados á Asociación de Axuda á Infancia Oncolóxica de Galicia (ASANOG); o autor dedicará os da segunda edición a apoiar o labor da Delegación de Ferrol da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN-Ferrol), en recoñecemento ás súas actividades.

A presentación correrá a cargo do seu propio autor, Rafael López Loureiro (Cedeira, 1954), mestre xubilado, naturalista, divulgador e escritor.

O autor puxo en valor noutro dos seus libros a figura de Frei Martín Sarmiento como primeiro naturalista galego, e fixo precisamente aquí e ante nós, no auditorio do Museo de Historia Natural da SGHN, a súa proposta para a declaración do día 9 de marzo como “Día do Naturalismo Galego”.

Entrada libre ata completar aforo.

Lea también

Un grupo de personas usuarias de Teima Down y niños de Áurega testan la “Ruta Universal por el Campus Industrial de Ferrol”

A partir del mes de septiembre, se invitará al tejido asociativo y a todos los …