Narón implanta nos colexios Ponte de Xuvia, Jorge Juan e Piñeiros, o Bicibús

O Concello de Narón levará a cabo unha nova iniciativa impulsada dende a área de Seguridade Cidadá, dirixida por José Oreona. O edil naronés avanzou que este mesmo venres dará comezo Bicibús, dirixida inicialmente aos colexios Ponte de Xuvia, Jorge Juan e Piñeiros.

Fuente Concello Narón

Dende o Consistorio remitiuse hai unha semana aos centros a información para trasladar ás familias a través do proxecto Abalar –de Educación-, dado que ten un prazo de inscrición, que remata mañá no caso da primeira ruta.

Haberá outras os días 16, 23 e 30 deste mes, en todos os casos operativas para a entrada ao colexio, non para a saída. Oreona explicou que se trata “dun proxecto piloto que permitirá ir aos escolares ao centro en bici, dun xeito seguro e divertido, apostando novamente pola sostibilidade e a mobilidade activa”.

As rutas programadas serán dende o Cadaval ata o paseo de Xuvia e dende o Camiño Peregrino ata o colexio de Piñeiros.

Con saída no primeiro caso ás 8:25 horas do parking do tanque de tormentas do Cadaval e no segundo ás 8:40 horas dende o Camiño do Peregrino, os menores irán en bici realizando unha serie de paradas –con horas prefixadas nas que poden ir incorporándose os participantes-, a modo de ruta de autobús –que parará un minuto en cada parada-, estando acompañados polo equipo de Educación Viaria do Concello, Pedro Caneiro e Sonia López, e por voluntariado de Protección Civil.

Ao remate da ruta os menores entrarán no centro para o inicio das clases. Na actividade pode participar o alumnado que saiba andar en bici dos tres centros anteriormente indicados e as súas familias (non se poderá ir en patinete nin en bicis con rodíns), debendo estar os menores acompañados por unha persoa adulta.

As inscricións realízanse cubrindo un documento que as familias poden atopar nas conserxerías dos tres centros, no que deben indicar a data ou datas nas que acudirán. Para calquera dúbida pódese contactar co equipo de Educación Viaria de Narón, nos teléfonos 600 448 730 ou 666 438 222.

Lea también

Publicación en Narón das listaxes provisionais de menores admitidos nas tres escolas infantís municipais

A concelleira de Ensino de Narón, Olga Ameneiro, anunciou a publicación na web municipal das …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *