Inscrición en Narón no programa “Conciliaverán 2025”

O Concello de Narón abre este xoves ás 8:30 horas o prazo de inscrición no programa Conciliaverán 2025. A convocatoria diríxese a menores nados entre 2013 e 2021, que estean escolarizados este curso nun centro educativo da cidade ou empadroados en Narón e nos que os pais ou titores do menor estean traballando.

Así o avanzou a concelleira de Igualdade, María Lorenzo, que recalcou que as inscricións poderán tramitarse ata o 16 de maio ás 13:00 horas. En total ofértanse un centenar de prazas. O Conciliaverán 2025 desenvolverase do 30 de xuño ao 8 de agosto, en tres quendas: do 30 de xuño ao 11 de xullo; do 14 ao 24 de xullo e do 28 de xullo ao 8 de agosto.

O programa desenvolverase nas instalacións do CRA de Domirón, no Alto, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas e ofrecerá servizo de madrugadores de 8:00 a 9:00 horas e acompañamento ao mediodía, de 14:00 a 15:00 horas sempre que así o indique na solicitude.

Os nenos realizarán actividades lúdico educativas, como xogos populares, obradoiros, dinámicas de animación… todas elas con carácter inclusivo e contidos transversais de educación en valores, tal e como recordou a edil naronesa.

As persoas interesadas en realizar as inscricións poderán facelo de balde –actividade ao abeiro do Plan Corresponsables- a través da Sede Electrónica de Narón (onde están publicadas as bases ao completo), o Rexistro municipal ou calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

As persoas interesadas en recibir máis información poden contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, a través do teléfono 981 337 700.

Lea también

Publicación en Narón das listaxes provisionais de menores admitidos nas tres escolas infantís municipais

A concelleira de Ensino de Narón, Olga Ameneiro, anunciou a publicación na web municipal das …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *