Eliminado un vertido procedente da depuradora do Muiño do Pedroso, en Narón

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, vén de colaborar co Concello coruñés de Narón na eliminación dun vertido, procedente da depuradora do Muíño do Pedroso. Tras varias inspeccións realizadas polos técnicos do Plan de Control de Vertidos (PVC) detectáronse diversas anomalías no funcionamento da depuradora, co que se estaba a incrumprir os límites de vertido impostos para o sistema de depuración, que ten autorizados Augas de Galicia.

Para solucionar o aporte destas achegas, o Concello procedeu a adecuar o sistema de depuración existente na Área Recreativa do Muíño do Pedroso, que trata as augas residuais xeradas no cámping municipal.

As labores que se desenvolveron dende o ente autonómico en colaboración co Concello de Narón posibilitaron a correcta xestión e tratamento das augas residuais antes do seu vertido ao Dominio Público Hidráulico.

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …