As actividades do centro mudarán tamén ao Manuela a partir do sábado 24 de outubro e mentres duren os traballos de acondicionamento.

O servizo de comedor do centro comunitario Casas da Mariña pasará ao centro comunitario Manuela Pérez Sequeiros a partir deste luns 19 de outubro. Cinco días despois, o 24, trasladaranse tamén a cafetería e o resto de actividades por mor das obras de acondicionamento do inmoble.
Para reducir as molestias o máximo posible, o Concello levará todos os servizos e actividades que se viñan facendo nas Casas da Mariña ao outro centro comunitario municipal, próximo a este. Así, as persoas usuarias poderán seguir cos seus hábitos no mesmo barrio.
As Casas da Mariña e o Manuela Pérez Sequeiros son centros comunitarios integrados de titularidade municipal, cunha función social e de atención integral a persoas maiores. Nos dous organízanse actividades de lecer e formación, desde novas tecnoloxías, lectura ou artes plásticas ata ioga e ximnasia, e funcionan servizos como a cafetería, a cociña, o comedor e o salón de peiteado.
A reforma do centro das Casas da Mariña, adxudicada por 285.666,10 euros, cambiará o pavimento, os aseos, a carpintaría exterior, as instalacións eléctrica e de calefacción e a protección contra incendios, entre otras melloras. O prazo de execución é de catro meses.
Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.