As Somozas busca fomentar a natalidade con achegas de ata 3.000 euros

Esta serie de axudas teñen como obxectivo converterse en complementaria ao apoio familiar e ao fomento da fixación da poboación no termo municipal.

O Concello das Somozas convoca, un ano máis, unha serie de axudas á natalidade, con achegas de ata 3.000 euros, en apoio ás familias do municipio. Teñen por obxectivo converterse nunha medida complementaria ao apoio familiar e ao fomento da fixación da poboación no termo municipal. Están destinadas ás familias con crianzas nadas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2025.

Segundo os diferentes requisitos, estas axudas terán as seguintes cantidades:

1.000 euros polo primeiro fillo nado, adoptado ou acollido

2.000 euros polo primeiro fillo nado, adoptado ou acollido, no caso de padecer unha discapacidade.

2.000 euros polo segundo e sucesivos fillos nados, adoptados ou acollidos.

3.000 euros polo segundo e sucesivos fillos nados adoptados ou acollidos, no caso de padecer unha discapacidade.

As familias interesadas poderán realizar as solicitudes de forma virtual na sede electrónica do Concello das Somozas ou ben de forma presencial no Rexistro das Somozas. Poderanse presentar cun prazo máximo de seis meses desde a data de nacemento, resolución xudicial de adopción ou resolución administrativa de acollemento, e dentro do período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2025.

O alcalde, Juan Alonso Tembrás, destacou que “un ano máis, o buscamos con estas axudas é fomentar a natalidade no noso municipio, así como tamén axudar a cubrir as necesidades básicas no momento dun nacemento, que son moitas. Agardamos que esta achega sirva de apoio ás familias e poidamos contar con novos nenos nas Somozas”.

As bases para solicitar esta subvención pode atoparse no Boletín Oficial da Provincia da  Coruña: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2024/08/19/2024_0000005774.html

Lea también

O PEL da Deputación da Coruña leva concedidas 142 axudas en Valdoviño por preto de 1,2M€

A deputada de Emprego da Deputación da Coruña, Rosa Ana García, e o alcalde de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *