Entrega dos premios en Ares do V Concurso de Escritura Creativa de Microrrelatos

O salón de actos da Alianza Aresana acolleu esta semana a entrega de galardóns pola quinta edición do Concurso de Escritura Creativa de Microrrelatos, unha iniciativa orientada a promover a escrita entre a mocidade da vila.

Fuente Concello de Ares

Tras as deliberacións e posta en común das súas perspectivas, despois de ler os 81 textos presentados entre as dúas modalidades de Primaria e ESO, o xurado decidiu outorgar os primeiros premios a André Benito Martínez (Primaria), co microrrelato ‘A Carballeira’, unha historia cun marcado carácter medioambiental, e a Paula Hermida Pena (Secundaria) por ‘A resposta perdida’, facendo fincapé no seu estilo lírico. Ambos recibiron unha tablet/ebook acompañando ao galardón.

Fuente Concello de Ares
Fuente Concello de Ares

Xunto con eles, o xurado tamén designou aos finalistas de cada categoría, recibindo neste caso un lote de libros como premio do certame literario. ‘Os nenos muiñeira’, de Luca Endres Calvo (Primaria), e ‘Aquel paxaro que non voa ben’, de Adrián Vidal Díaz (Secundaria) obtiveron así o recoñecemento nesta quinta edición.

Fuente Concello de Ares
Fuente Concello de Ares

No acto de presentación, Alma Barrón, concelleira de Cultura, trasladou os seus parabéns ós rapaces e tamén resaltou a relevancia de incentivar a expresión artística a través da escritura na comunidade educativa de Ares, o principal obxectivo deste certame que conecta fondamente á administración local co CPI As Mirandas.

O xurado deste ano estivo composto por Yolanda Castro, Rocío Pena e Marina González, en representación do colexio aresán, e o xornalista e escritor Pablo J. Rañales, tomando como criterios de selección dos textos a orixinalidade das temáticas, a claridade expresiva, os trazos estilísticos na escrita ou a solidez da estrutura.

Fuente Concello de Ares
Fuente Concello de Ares

Lea también

El Campus Industrial de Ferrol acoge la tercera edición de la jornada The Future of Fashion Talent el próximo miércoles 7 de mayo

El Salón de Actos Concepción Arenal del Campus Industrial de Ferrol acoge, el próximo miércoles …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *