A Deputación de A Coruña presenta un libro de banda deseñada sobre o mosteiro de Caaveiro

A obra “Historia do Mosteiro de Caaveiro. Un lugar milenario no corazón das Fragas do Eume” repasa a historia deste emblemático edificio ao longo das diferentes épocas, estruturando a evolución nas catro estacións do ano.

O deputado de patrimonio, Xosé Penas, acudiu á presentación, onde destacou que é “moito máis que un comic, pois converteuse nun libro, unha guia, unha insignia do noso pasado, presente e futuro. Percorre a histoira do mosteiro, pero tamén a das persoas, e en definitiva a deste país, dende os eremitas iniciais, pasando polo noso Reino de Galiza ata o traballo de Don Pio e o rescate por parte da Deputación para crear , como digo eu moitas veces, xunto con Dombate e o Castelo de Vimianzo ese triangulo máxico do patrimonio provincial”.

Fuente Diputación de A Coruña

A Deputación da Coruña presentou  na Delegación coruñesa do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) o libro de banda deseñada “Historia do Mosteiro de Caaveiro. Un lugar milenario no corazón das Fragas do Eume” nun acto celebrado na sede do COAG Coruña. O evento contou coa participación dos autores da obra, Delio Rodríguez Ces, Ismael Blanco Bouza e Lois Gómez Souto, e tamén de expertos que fixeron posible a rehabilitación do mosteiro e o seu actual proceso de musealización: Celestino García Braña, Isabel Aguirre Urcola e Ángel L. Alonso Méndez.

Á presentación asistiu o deputado de patrimonio, Xosé Penas, o xefe do Servizo de Arquitectura e Mantemento da Deputación, a presidenta do COAG Coruña, Ruth Varela, e o arquitecto Alfredo González Prieto. Penas sinalou durante a súa intervención que é “máis que un comic, converteuse nun libro, unha guia, unha insignia do traballo feito, da historia feita e do traballo por vir. O comic percorre a histoira do mosteiro, pero tamén percorre a historia das persoas, a historia en definitiva deste país, dende os eremitas iniciais, pasando polo noso Reino de Galiza ata o traballo de Don Pio e o rescate por parte da Deputación para crear , como digo eu moitas veces, xunto con Dombate e o Castelo de Vimianzo ese triangulo máxico do patrimonio provincial”.

Fuente Diputación de A Coruña
Fuente Diputación de A Coruña

A publicación, editada polo organismo provincial, é un traballo de divulgación histórica que sintetiza a evolución do mosteiro de Caaveiro ao longo das diferentes épocas e estacións do ano. A través dun enfoque único, que utiliza a banda deseñada como ferramenta para achegar a historia e a arquitectura ao público, o libro ofrece unha visión do monumento desde diferentes perspectivas, integrando elementos de historia, arte, natureza e paisaxe. A narración estrutura a súa evolución en catro estacións: primavera, verán, outono e inverno, facendo unha metáfora da súa transformación ao longo do tempo.

O mosteiro, que conserva partes da súa igrexa románica e da súa torre barroca, é un monumento que se mantén atemporal, coas pegadas das distintas épocas da historia da arquitectura. Ao longo da súa historia, o mosteiro de Caaveiro foi visitado por numerosos historiadores, escritores, pintores e fotógrafos, e o libro ofrece unha nova mirada a este monumento tan emblemático, para entendelo tamén como parte da paisaxe natural e cultural das Fragas do Eume.

Fuente Diputación de A Coruña
Fuente Diputación de A Coruña

A Deputación da Coruña, que desde 2002 se encargou da rehabilitación e conservación do mosteiro, culmina agora este proceso coa súa musealización, integrando o mosteiro no contexto das Fragas do Eume e na súa relevancia como institución socioeconómica no antigo Reino de Galicia. O libro conta tamén cunha introdución que nos transporta á historia do mosteiro a través dunha das festividades máis emblemáticas de Galicia, a romaría de San Xoán Bautista, que dá nome ao mosteiro medieval.

Fuente Diputación de A Coruña

Os asistentes ao acto tiveron a oportunidade de recibir un exemplar do libro, un agasallo que complementa a súa divulgación do patrimonio cultural galego, e que servirá para achegar a historia do mosteiro tanto ao público infantil como adulto.

Fuente Diputación de A Coruña

Lea también

Exponav acoge una conferencia magistral sobre la influencia de Álvaro de Bazán en la construcción naval del siglo XVI

    El museo de la Construcción Naval de Ferrol (EXPONAV) será escenario hoy miércoles …