A Pedreira chega ó teatro Jofre Ferrol co seu álbum Basal

A artista mariñá A Pedreira chega a Ferrol este sábado ás 20:30 horas dentro da xira de presentación do seu segundo álbum en solitario, Basal. Trátase un concerto gratuíto no marco da celebración das Letras Galegas 2025, con financiamento da Secretaría Xeral de Política Lingüística e colaboración do Concello de Ferrol. As entradas poden retirarse na Billeteira do teatro Jofre.

Este traballo foi finalista a mellor álbum e galego nos Premios de la Música Indepediente, e mellor álbum folclórico nos Premios de la Academia de la Música. Concíbese coma unha fusión de estilos diversos, pintando a música galega desde o magma da composición con temática filosófica, política, persoal ou social, nunha paleta rítmica amplísima tanto de instrumentos orgánicos como electrónicos.

Acompañada por Lorena Cachito (batería, percusións, coros), Alejandro Vargas (teclado, sintetizadores) e Mauricio Caruso (guitarra eléctrica), este espectáculo é unha viaxe continental entre a rave e a foliada, o clube de jazz e a discoteca dos 80, a danza tribal e os rituais espirituais. Cuba, Brasil e Galiza abrázanse combinando o rock, o jazz, a MPB e o clásico, levando todas as cancións da autora a novos lugares.

Basal é un crisol de todos os ingredientes da música popular galega. Comeza no cerne do canto popular desde a casa, pois ven dunha saga de cantores populares da aldea de Cabarcos. A Pedreira é unha cantareira e compositora completa e con coñecemento intrínseco da música tradicional, fonte de inspiración constante na súa obra. O amor pola sonoridade e o significado das palabras que caracterizan a obra desta artista sustentan este segundo disco en solitario publicado en xuño do 2024

Unha obra que conecta música, psicoloxía, territorio e corpo-casa. Cancións entretecidas pola narrativa visual e cotiá da cantante no seu hábitat actual, a súa casa natal na Mariña, na procura do básico e orixinario. Unha viaxe polas diferentes Pedreiras, dende a Ugia mai ata a nena cantautora que subiu por vez primeira a un escenario con 14 anos.

A riqueza cultural e poética das letras de Pedreira son patrimonio en si, que enriquecen a tradición da música en galego. En 1995 editou o seu primeiro disco, xa cambiando os versos a favor do seu contexto vivencial, sendo a voz de unha xeración ou poñendo dacordo a varias, compoñendo novas coplas e dando a coñecer un repertorio tradicional diferente de tránsito entre Galicia e Asturias.

Lea también

El Campus Industrial de Ferrol acogió la última reunión de trabajo de un proyecto europeo en el campo de las ingenierías

La Sala de Juntas de la Vicerrectoría del Campus de Ferrol acogió este miércoles la …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *