ADOS convida a doar sangue para garantir as reservas sanguíneas na ponte festiva de maio

As unidades móbiles e os locais de doazón das sete principais cidades galegas estarán dispoñibles para poder doar os días laborables.

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) realiza un chamamento xeneralizado á participación da poboación galega na doazón de sangue co motivo da próxima ponte festiva do un de maio. Durante estes días, está previsto que, como en anos anteriores, se realicen numerosos desprazamentos e unha maior deslocalización dos doantes habituais por mor das vacacións.

En determinadas épocas do ano, como sucede en verán, Semana Santa ou a próxima festividade do un de maio, pode baixar o número de doazóns pero non acontece o mesmo coa demanda de sangue e os seus derivados que precisa diariamente a intensa labor asistencial dos hospitais. Por iso, é imprescindible a participación xenerosa e altruísta de todos os cidadáns, polo que ADOS solicita un esforzo especial para incrementar as reservas de sangue.

Participación
Para facilitar a participación dos doantes, a Axencia dispón de locais de doazón situados nas sete principais cidades galegas, e tamén de unidades móbiles que se desprazaran, nestes días, polos diferentes concellos para conseguir as doazóns precisas que garantan o subministro de hemoderivados que necesitan os centros sanitarios de Galicia.

Deste xeito, poderase doar sangue nas seguintes localizacións onde estarán instaladas as unidades móbiles:

-Mércores 30 abril; na Praza de España (Ferrol), Monte Alto (A Coruña), Fonteculler (Culleredo), Silleda, Praza Roxa (Santiago), Zona da Ferraría (Pontevedra), Tui, Rúa Príncipe (Vigo), Praza Maior (Lugo), Castro  Caldelas.

-Xoves 1 maio-F E S T I V O

Venres 2 maio; Ortigueira, Carballo, Cantón-Obelisco (A Coruña), Ribeira, Vila de Cruces, Sanxenxo, Porriño         (Vigo), Cangas do Morrazo, Burela, Verín.

Sábado 3 maio; Praza de España (Ferrol), Carballo, Ribeira, Cambados, Porriño (Vigo), O Posío (Ourense).

Luns 5 maio; As Pontes (Ferrol), Novo Mesoiro (A Coruña), Ponteceso, Ordes, Boimorto, Bueu, Salceda Caselas (Vigo), Cabral (Vigo), Mondoñedo, Rúa do Paseo (Ourense), Barrocas (Ourense).

Tamén existe a posibilidade de doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete principais cidades galegas. Para máis información esta dispoñible a paxina web de ADOS: www.ados.sergas.gal , tamén as redes sociais e un teléfono gratuíto de información, 900 100 828 para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.

Lea también

La Xunta constata el avance «complejo, pero ilusionante» de las obras del hospital de Ferrol

Las nuevas dependencias de urgencias entrarán en servicio en «breve» y la fase final incluirá …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *