O espectáculo familiar e infantil “Castelao, un corazón á intemperie” poderase ver en maio no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros

O Concello de Narón organiza un espectáculo de narración oral e monicreques para o vindeiro 11 de maio. A edil de Política Lingüística, María Lorenzo, avanzou que se trata dunha proposta impulsada a través da Secretaría Xeral da Lingua (programa FalaRedes da Rede de Dinamización Lingüística) en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística de Narón e que se dirixe a público infantil e familiar, a partir de 6 anos. 

A edil de Política Lingüística, María Lorenzo.

“Castelao, un corazón á intemperie é o título desta proposta, da que se poderá desfrutar o día 11 a partir das 18:00 horas no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros. Cunha duración aproximada de 50 minutos, o espectáculo de Fantoches Baj, de narración oral, ofrecerá unha proposta de monicreques, música tradicional e teatro de máscaras para dar a coñecer a figura de Castelao entre as nenas e nenos, reler e interpretar parte da súa obra e poñer en valor o galego.

Con este fin, representarán con marionetas parte da súa obra: contos de “Cousas” (“Panchito” e a “Marquesiña”); narracións de “Retrincos” (“Sabela” e “O inglés”), escenas de “Os vellos non deben de namorarse” e o monólogo do esqueleto en “Un ollo de vidro”.

A concelleira de Política Lingüística convidou ás veciñas e veciños de Narón a achegarse a este espectáculo para desfrutar do mesmo e poñer en valor a figura de Alfonso Manuel Daniel Rodríguez Castelao, unha das figuras máis importantes da literatura e do nacionalismo galego do século XX e da que se cumpren 75 anos do seu pasamento neste 2025.

A entrada é de balde e non se require inscrición previa, polo que se permitirá a asistencia ata encher a capacidade da sala, tal e como informou a edil naronesa.

 

Lea también

Club Arco Narón cosecha buenos resultados en la 3ª jornada de la Liga Galega de Tiro con Arco

Destacan tres deportistas que lideran la Liga en sus respectivas categorías. Iria Zaragoza en U15 …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *