Fene entregou os premios do XV Concurso de Tapas

Recolléronse 2.745 tarxetas de participación e completáronse 199 Fenerrutas.

O salón de plenos do Concello de Fene acolleu o acto de entrega de premios do XV Concurso de Tapas, un certame que este ano acadou unha excelente acollida entre o público e que consolidou o seu papel como referente na dinamización da hostalaría local. No acto participaron o alcalde, Juventino Trigo; a concelleira de promoción económica, Ángeles Coira; e as concelleiras Sandra Permuy, Adán Chao, María Carmen Martínez e Alejandro Gutiérrez. Tamén estiveron presentes representantes dalgúns dos establecementos participantes e das entidades patrocinadoras, como Establecimientos Aguilar e Eroski Center.

Durante o concurso recolléronse un total de 2.745 tarxetas de participación e completáronse 199 Fenerrutas, o que amosa o interese da veciñanza e visitantes pola proposta gastronómica local. O alcalde de Fene, Juventino Trigo, felicitou a todos os locais participantes “polo seu esforzo e creatividade, que dan vida ao noso tecido económico e contribúen a facer de Fene un destino atractivo tamén no eido gastronómico”.

Pola súa banda, Ángeles Coira destacou que o concurso “é unha mostra máis da vitalidade do comercio e hostalaría local, e da capacidade que temos como concello para mobilizar á veciñanza arredor do consumo de proximidade”.

 

Premios e gañadoras:

No apartado do voto popular, resultou gañadora a tapa “Mare Croccante”, da Cafetería Lembranza, que recibiu un diploma acreditativo e unha cesta de produtos cortesía da Cooperativa Santa María do Val. O segundo premio foi para os “Buñuelos de Cocido”, da Cafetería Bombay, que recibiu un diploma e un batedor por cortesía de Establecimientos Aguilar.

No que respecta ao xurado profesional, composto por Mª Ángeles Coira López (concelleira de promoción económica), Alberto Martínez Díaz (representante da Asociación de Empresarios de Hostelería de Ferrol e Comarca) e José Manuel Loureiro Vázquez (mestre de cociña da Escola Icook), a tapa gañadora foi “Samporiña”, de Arrecendo, galardoada cun diploma e unha cesta de produtos por cortesía de Eroski Center. Como subcampioa, resultou elixida “Tricolor con chips de guanciale”, de O Son de Cociña, que recibiu un diploma e un batedor tamén cortesía de Establecimientos Aguilar.

Recoñecemento aos patrocinadores

O Concello de Fene agradeceu a colaboración de todas as empresas que fixeron posible o certame, tanto cos premios aos locais como cos agasallos á clientela: Arlo Viajes, Bodegas Barral, Cooperativa Santa María do Val, Ecolimpauto, Electro Agro, Eroski Center, Escola de Música Bellón-Maceiras, Establecimientos Aguilar, Estrella Galicia, Fitness Fene, Imprenta San Esteban e Organiza Viajes.

Con esta entrega de premios, o Concello de Fene pon o broche final a unha edición moi especial do seu Concurso de Tapas, reafirmando o seu compromiso coa promoción económica e o apoio ao sector hostaleiro e comercial local.

Lea también

Valdoviño invita a «pasear y tapear» este puente

Diecisiete establecimientos hosteleros participan en la iniciativa que organiza el Ayuntamiento de Valdoviño del jueves …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *