A CIG convoca 17 mobilizacións este Primeiro de Maio baixo o lema “Traballo, dereitos, soberanía. Galiza contra as guerras”

Archivo- 1º de Mayo de 2024 en Ferrol

A CIG convoca para este Primeiro de Maio 17 mobilizacións en cidades e vilas galegas, baixo o lema «Traballo, dereitos, soberanía. Galiza contra as guerras».

A CIG alerta de que «o capitalismo neoliberal, liderado polos EUA, usa a «guerra» e o «gasto militar» para perpetuar a «explotación». Critica que a OTAN impulse o aumento do gasto bélico, mentres a Unión Europea, en «submisión» aos intereses estadounidenses, prioriza armamento sobre dereitos sociais, permitindo o auxe da extrema dereita».

No caso Estado español, denuncia que o goberno destine máis do 2% do PIB a fins militares, promovendo unha «campaña de propaganda» baseada no medo e recortando servizos públicos como sanidade ou educación, o que «precariza as condicións de vida da clase traballadora».

En Galiza, alerta de que «as políticas do PP provocan «pobreza e desigualdade», desmantelando servizos públicos e promovendo a «depredación dos recursos naturais» para beneficiar outros territorios. Este modelo, avalado por un «diálogo social fraudulento», lexitima a precariedade e o desmantelamento das pensións públicas, agravando a «desertización industrial e social» de comarcas enteiras.

Mobilizacións programadas: 

A Coruña.- Ás 12:00 h desde a Praza de Vigo
Carballo.-Ás 12:00 h, Praza do Concello
Cee.- Ás 12:00 h, Praza Otero Lastres
Ferrol.- Ás 12:00 h desde o local da CIG (Avda. de Esteiro)
As Pontes.- Ás 12:00 h, Praza de América
Compostela.- Ás 12:00 h desde a Praza Roxa
Ribeira.- Ás 12:00 h, Mercado Municipal
Lugo.- Ás 12:00 h desde o Edificio Sindical (Ronda da Muralla)
Cervo.- Ás 12:00 h, desde a Fábrica de Sargadelos
Ourense.- Ás 11:30 h desde a Praza Maior
Verín.- Ás 12:00 h na Praza do Concello
Pontevedra.- Ás 12:00 h, desde a Praza da Ferrería
Vilagarcía.- Ás 11:30 h, Casa do Mar
A Estrada.- Ás 12:00 h, Praza do Mercado
Vigo.- Ás 12:00 h, desde a Dobrada
Cangas.- Ás 18:00 h, desde a Praza do Concello
A Guarda.- Ás 12:00 h, na Praza Avelino Vicente

 

Lea también

O Camiño do Bispo abrirase ao público no mes de setembro

O Camiño do Bispo nace do compromiso de nove Concellos galegos por poñer en valor …