Xosé Paz Fernández (Director da Coral Polif. Eumesa)
Xa vai quedando esquecido o derradeiro ano, e xa estamos noutro “novo”, neste caso, cos anceios xermolados e convertidos en froito dun traballo comezado e realizado dende fai moito tempo, e bastante alonxado. As horas e días adicadas a ese feito, foron abondosas, anque xamáis foron contadas nin escatimadas por nós nin por quen nos axudou finalmente a darlle forma ao traballo. Unha boa morea de liñas adobiadas e acompañadas de pentagramas, cheos de letras xurdidas dende calquer lugar e momento, ou curruncho da nosa xeografía, poderán D.m. ver a luz, nos vindeiros dias xa moi pertos.

López Leira).
Estarán salpicadas de fotografías ilustrativas, curiosas temáticas ou de esencias recendidas doutros tempos pasados da vila, bisbarra, ou da terra galega: todo popular.
Sabemos que tén que haber xente para todo; ata para perdelo “tempo libre” (?), segundo algúns, na percura das raíces populares. Para nós non foi perdelo, senón que foi froitífero e a moi bondoso no que quixemos ou pretendimos facer. Por iso istas liñas veñen a conto, xa que acabamos de findar ou rematar o novo traballo que abrangue moita produción popular poético musical que estaba espallada pola bisbarra eumesa, retomando e seguindo o vieiro comezado xa fai trinta anos (1994), e chegando así a outra recompilación de temas populares, coplas ou tamén de autores, que constituen e forman o miolo ou anacos do que será a Quinta Parte do noso Cancioneiro Popular Eumés.
Grazas a pescudas e achegas porase ó alcance dos lectores interesados na temática, unha morea de fenestras que quedarán abertas para poder ver cousiñas populares que serán descoñecidas ás veces, e outras para achar comparacións e diferenzas coas xa coñecidas. Así dentro deste pozo sen fondo que é a recompilación popular, poderemos encontrar variados temas como: cantos de cego, romances, pregóns, poética trobadoresca, poesía eumesa, poesía galega descoñecida, autores inéditos, e unha inxente morea de cantos do pobo, de autor, panxoliñas, vilancicos, coplas populares, ditos, algún refrán, e un medrado musiqueiro de partituras pertencedoras a moitos dos textos do libro.

As datas dos cancioneiros anteriores son do 1994, 1998, 2007 e 2017. Este novo está imprentado, xa cumplimentados os requisitos no Concello eumés, na Deputación Provincial, e só nos queda agardar dias para dalo a coñecer, polo tanto para a súa presentación, espallamento e lectura. O desexo do autor é que o traballo sexa valorado e apreciado, por atoparse encadrado entre os que escasean da temática popular -anque máis ben localista- e ser raro ou atípico, dado que a recompilación é altruista, en tantos anos, e desinteresada.