Iván Puentes, candidato ás medallas no circuito galego de dúatlon

O canteirán do Triatlón Ferrol volverá enfrontarse a Gustavo Santiago, o único que foi quen de gañarlle no Dúatlon Cidade de Santiago.

Fuente Club Triatlón Ferrol/ Iván Puentes

Iván Puentes encabeza a delegación do Triatlón Ferrol no circuito galego de dúatlon que este sábado 26 acolle a localidade lucense de Cospeito na vila de Muimenta.

O ferrolán terá como principal a Gustavo Santiago, o deportista ao que hai un mes non foi quen de superar no Dúatlon Cidade de Santiago. Completan o equipo do campionato galego Pablo Pedrosa, Roberto Martínez, Mario López e Martín Bellas.

Ademais, celebrarase unha proba popular en formato superesprinte na que o Triatlón Ferrol contará con Isabel Grueiro, Antonio Souto e Marcos Alonso.

Lea también

El Racing necesita ganar este sábado en su visita al Talavera CF

M.V. Los verdes cayeron a la 9.ª posición de la tabla tras la derrota de …