A Deputación pon á Asociación de Mulleres Cabanas Rural como exemplo de dinamización do rural

A deputada de Medio Rural, Cristina Capelán, sinala a contribución da entidade, que agrupa a 190 socias, para ofrecer espazos de participación e preservar tradicións que forman parte do noso patrimonio cultural.

Fuente Diputación de A Coruña

A deputada de Medio Rural da Deputación da Coruña, Cristina Capelán, visitou esta semana a Asociación de Mulleres Cabanas Rural de Lavandeira, onde tivo a oportunidade de coñecer de primeira man as numerosas actividades que desenvolve a entidade, así como os procesos tradicionais de fiado da lá que manteñen vivas grazas ao traballo colectivo das súas integrantes.

Durante a visita, Capelán destacou a importancia do labor da asociación, que conta con 190 socias, como exemplo de dinamización social no rural: «Este tipo de iniciativas son fundamentais para ofrecer espazos de participación, fomentar a vida comunitaria e preservar tradicións que forman parte do noso patrimonio cultural», afirmou.

Fuente Diputación de A Coruña

A entidade recibiu recentemente unha subvención da Deputación da Coruña para a adquisición de material informático —un ordenador e unha impresora— que lles permitirá mellorar o acceso ás novas tecnoloxías e reducir a fenda dixital, facilitando así o desenvolvemento das súas actividades e a súa presenza en liña.

A visita rematou cun encontro entre a deputada e as integrantes da asociación, nas que estas amosaron parte das prendas elaboradas coa lá fiada artesanalmente, nun proceso que segue a transmitir saberes tradicionais de xeración en xeración.

Lea también

Valdoviño participa con la comisión de la FEMP en la reunión sobre autocaravanismo organizada por la DGT

En condición de vocal de la Comisión de Transporte, Movilidad e Infraestructuras de la Federación …