Inscrición en Narón no curso de “Reposición, caixa e atención seccións supermercados”

A concelleira de Formación, Natalia Hermida, avanzou que o Concello de Narón abre este venres 25 o prazo de inscrición nun novo curso do Programa municipal de Formación sobre “Reposición, caixa e atención seccións supermercados”.
 
 
A edil naronesa recordou que se dirixe a persoas maiores de 18 anos, empadroadas en Narón e desempregadas, ofertándose 15 prazas que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. Poderán anotarse persoas doutros concellos, que accederán á acción formativa no caso de que queden vacantes. As inscricións poden tramitarse a través da Sede Electrónica do Concello, do Rexistro municipal, ou mediante os restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
 
O curso terá unha duración total de 210 horas, que se prevén impartir do 12 de maio ao 9 de xullo deste ano –de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas- no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara. Inclúe unha parte de prácticas profesionais non laborais en empresas (100 horas en total), cinco horas ao día, que se desenvolverán do 11 de xuño ao 9 de xullo nun horario que se determine. O alumnado acudirá a clases de Adaptación ao posto de traballo; Prevención de riscos laborais específicos do posto de traballo; Comunicación e atención á clientela; Loxística e técnicas de venda; Procedementos de cobro e pago das operacións de venda, e Organización, distribución e reposición de produtos, Promoción do punto de venda, entre outros.
 
As inscricións para este curso poderán tramitarse dende o venres ás 8.30 horas ata o día 5 de maio ás 13.30 horas.  As persoas interesadas en obter máis información poden facelo a través da Sede Electrónica do Concello ou contactando co Servizo Sociocomunitanio no teléfono 981 337 700 (extensións: 1108 e 1109).

Lea también

Lúa Teijeiro del Club Arco Narón mejor deportista ferrolana en su modalidad

La XXX Gala del Deporte Ferrolano celebrada en la tarde de ayer martes, ha premiado …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *