O Mago Rafa achega ás crianzas de Fene a maxia dos libros

Abracalibro é o nome do espectáculo co que a Biblioteca Municipal Xosemaría Pérez Paralle festexa o xoves 24 de abril, o Día do Libro. A función, organizada no marco do programa Ler conta moito, comeza ás 18 horas no salón de actos da Casa da Cultura e, para asistir, cómpre inscribirse na propia biblioteca ou por teléfono (981 342 302), de 16 a 21 horas., ata este mércores 23.

Abracalibro, do Mago Rafa, propón unha viaxe máxica para poñer en valor o poder da lectura. Con máis de 30 anos de experiencia, o artista combina neste espectáculo a maxia e o humor para espertar a curiosidade e a imaxinación. Trátase dunha actividade divertida e educativa que convida ós nenos de 3 a 12 anos (e ás súas familias) a mergullarse no fascinante mundo dos libros.

O Mago Rafa é un ilusionista, nado en Lugo, que ten un estilo propio baseado na cercanía. Os seus espectáculos procuran esa cercanía co público, achegándoo a un mundo de fantasía onde habitan o mentalismo, as adiviñacións, as viaxes de obxectos imposibles, etc. E sempre coa súa tarxeta de presentación: un humor cotiá e desenfadado para facer gozar a públicos de todas as idades.

Pero o Mago Rafa ten tamén unha faceta de presentador. Foi colaborador en diferentes programas de televisión e tivo un espazo semanal de 30 minutos en Cadena Ser, onde realizaba Maxia pola Radio mentres falaba da Historia da Maxia.

Lea también

Neda inicia a venda de entradas para a representación de “As vellas non deben de namorarse”

A obra teatral prográmase o sábado 26 dentro das Xornadas literarias, dedicadas a Castelao. A …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *