O vindeiro 26 e 27 de abril, a vila de Pontedeume acollerá a 1ª Feira do Queixo-MercaQueixo, unha celebración que reunirá máis de 20 queixerías artesás de toda a Península e que aspira a converterse nunha cita de referencia no calendario agroalimentario galego.
A feira está organizada polo Concello de Pontedeume, e conta co patrocinio da Deputación da Coruña e Leite Celta, ademais da colaboración de entidades como Campo Capela e UCOA. Un escaparate de queixos únicos de Galicia, Cantabria, Asturias, Euskadi, Extremadura e Castela e León MercaQueixo contará coa presenza de queixerías galegas xa consolidadas como Bisqato, Santo André, Castelo, Lácteos de Moeche, Casa Donicio, Galmesán, Dona Cobiña, Campo Capela ou Gaia, así como proxectos innovadores como De
Mi Tierra ou Bico de Xeado.
A feira traspasa as fronteiras galegas: estarán presentes elaboradores de Cantabria (Granja El Pendo), Asturias (Temia, Alejandro Casielles), Euskadi (Goine Berria), Castela e León (Cantagrullas, Los Payuelos, Vicente Pastor), ou Extremadura (Castrvm Erat), entre outros. Como novidade destacada nesta primeira edición, MercaQueixo contará tamén cunha representación internacional: a firma Aromas4u, de Portugal, achegaráos seus exclusivos queixos de autor e propostas gourmet que recollen a esencia da tradición queixeira portuguesa con ingredientes autóctonos e presentacións contemporáneas.
Unha programación con showcookings, catas, obradoiros e música
Durante toda a fin de semana, a Alameda de Raxoi e os Xardíns da Casa da Cultura serán o escenario dunha programación diversa que combina gastronomía, cultura e divulgación arredor do mundo do queixo. A continuación, un adianto das principais actividades por día:

Un compromiso co rural, a calidade e o produto artesán
A feira é tamén unha oportunidade para dinamizar o comercio. Segundo o Concello de Pontedeume, “MercaQueixo nace coa vontade de poñer en valor o tecido produtor artesán, conectar consumidores con proxectos singulares e crear un espazo de encontro que faga visible a riqueza do sector lácteo galego e estatal”.
Máis información e programa completo: Instagram oficial da feira: @mercaqueixo Actividades: obradoiros, showcookings, relatorios e dinamización cultural en toda a vila.
Sábado 26 de abril
10:30 h – Apertura da feira. Alameda de Raxoi.
11:00 h – Obradoiro: “Merca, presenta e conserva os teus queixos”, a cargo de Rubén Valbuena (Tendas Cultivo, Madrid). Mercado Municipal.
11:30 h – Dobre proposta: obradoiro infantil “Elabora o teu queixo” na Alameda de Raxoi e primeiro showcooking con Nair González (Restaurante Muelle 43), que elaborará garavanzos con alcachofas e queixo San Simón e filloas recheas de lacón e queixo Mouro.
12:00 h – Música nas rúas con Airiños do Eume e Silbarda. Ademais, relatorio sobre a marca Artesanía Alimentaria de Galicia por Juan Concheiro (AGACAL). Xardíns da Casa da Cultura.
12:30 h – Presentación oficial da feira e das queixerías participantes.
13:00 h – Cata-presentación: “Vermuth/queixo a calquera hora”, con vermú Buha e queixo de Bisqato.
13:30 h – Segundo pase do showcooking de Nair González, cos mesmos pratos. Alameda de Raxoi.
14:00 h – Relatorio: “O queixo no mundo”, por Ana Belén González Pinos (Real Academia de Gastronomía).
16:00 h – Presentación do proxecto Casa Donicio.
16:30 h – Charla: “A muller no mundo do queixo”.
17:00 h – Obradoiro infantil: “Elabora o teu queixo”. Música polas rúas con No Cómbaro.
17:30 h – Presentación do proxecto Lácteos de Moeche.
18:00 h – Terceira sesión de showcooking de Nair González.
18:40 h – Presentación do proxecto Bico de Xeado, cun xeado especial de pera.
19:00 h – Concerto de ATTIC na Alameda de Raxoi e animación por prazas a cargo da AFC Orballo.
20:00 h – Sorteo de cestas degustación e peche da xornada.
11:00 h – Apertura da feira.
11:30 h – Presentación do proxecto Gandeiría Quintián.
12:00 h – Obradoiro infantil: “Elabora o teu chaveiro”.
12:30 h – Cata: “A cada viño o seu queixo”, con viños de Pagos de Rey e queixos de Cantagrullas. Música en directo con Airiños do Eume.
13:00 h – Showcooking: “Cociñar con queixo e comer en Galicia”, con Antonio Amenedo (Pazo de Santa Cruz de Mondoi). Praza Real. Ao mesmo tempo, presentación do proxecto Goine Berria.
14:00 h – Novo showcooking de Nair González, con pratos como falso risotto de polbo con queixo Galmesán e mousse de requeixo da Capela con mel.
16:30 h – Relatorio sobre estratexias de recuperación do rural galego, con Eloi Villada (Sociedade Galega de Pastos e Forraxes).
17:00 h – Música polas rúas con Silbarda.
17:30 h – Último pase do showcooking de Nair González cos pratos anteriores, e inicio da visita guiada polo casco histórico (praza limitada).
18:30 h – Sorteo de cestas degustación e peche da feira. Ademais, durante os dous días, os locais de hostalaría da vila ofrecerán degustacións e promocións especiais cos queixos da feira.
A participación nas actividades é totalmente gratuíta, mais requírese inscrición previa no punto de información da feira.