O persoal de Yáñez irá á folga para reclamar información concreta sobre o futuro da empresa e garantías de cobro dos salarios

A folga terá lugar o martes 22 de abril, sendo a primeira concentración diante do concesionario Yáñez da Coruña (no Polígono da Agrela), na que tamén participará o persoal de Ferrol.

Archivo abril 2025- Protesta de trabajadores de Gándara Motor, del grupo Yáñez, en Ferrol – E.P

Industria vén de convocar unha xornada de folga nos tres concesionarios que Yáñez (concesionaria oficial de Volkswagen na provincia) para exixir información concreta sobre o futuro da empresa, garantías no abono dos salarios e na continuidade dos postos de traballo.

A folga terá lugar o martes 22 de abril e para darlle máis visibilidade ás súas demandas, os traballadores e traballadoras realizarán dúas concentracións. A primeira, ás 10:30 horas, diante do concesionario Yáñez da Coruña (no Polígono da Agrela), na que tamén participará o persoal de Ferrol.

A segunda será ás 12:00 horas no concesionario Yáñez de Santiago de Compostela e nesta protesta participará o persoal dos tres centros de traballo.

A CIG-Industria denuncia a situación de incerteza absoluta na que se está o persoal de Yáñez  dende a declaración de preconcurso de acredores o pasado 18 de decembro…e informa nun comunicado que «o xerente da empresa visitou nas ultimas semanas os tres concesionarios para comunicar a súa intención de levar adiante unha reestruturación do persoal a través dun ERE, que podería afectar ao 50% do cadro de persoal, e que por falta de liquidez non se abonarían as nóminas de marzo. Tamén cuantificou a débeda da empresa con provedores e a casa oficial nuns sete millóns de euros».

Según as informacións facilitadas polo sindicato os medios, «para sorpresa do persoal e sen ningún tipo de comunicación ao respecto, este mesmo mércores abonouse a metade do salario de marzo ao conxunto de traballadores e traballadoras. Porén, descoñecen se percibirán a outra metade da nómina ou cando, nin hai tampouco garantías de cobrar as nóminas dos próximos meses».

Neste senso, hai que subliñar que aínda que os concesionarios continúan abertos e no de Compostela se traballa con relativa normalidade, nos talleres da Coruña e Ferrol a actividade está en mínimos porque non hai pezas de recambio nin materiais para as reparacións e o mantemento dos vehículos.  

Diante disto, e para demandar información clara sobre o futuro da empresa e un plan de viabilidade, os traballadores e traballadoras acordaron continuar coas mobilizacións e convocar esta primeira xornada de folga.

Lea también

Este jueves, segunda edición de «Ferrol sen glute», actividad desarrollada por Cites

Dentro del Programa “Ferrol cidade aberta ás expresións»  que financia la Diputación de A Coruña, …