A Mancomunidade aproba o prego que rexirá a contratación do servicio de xestión do refuxio de animais de Mougá

O contrato duplica o presuposto  anterior e terá unha duración de catro anos máis un.

Pleno del mes de abril de la Mancomunidad celebrado en Ferrol

A Mancomunidade de concellos da comarca de Ferrol, que preside o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, aprobou esta semana o prego de prescricións técnicas para a licitación do contrato maior de servizos de recollida de animais extraviados e abandonados, atención do centro de recollida de animais abandonados (refuxio de Mougá), xestión de colonias felinas, reses mostrencas e outros animais de competencia municipal deste organismo supramunicipal.

O refuxio de animais de Mougá está inscrito no Rexistro Galego de Núcleos Zoolóxicos e, dende os seus inicios, a través do mesmo e doutros recursos, a Mancomunidade asume diferentes intervencións necesarias para adecuar as instalacións ás novas necesidades surxidas co tempo e derivadas dos cambios normativos. O obxecto do contrato é a prestación dos servizos de recollida de animais extraviados e abandonados, atención do centro municipal de recollida de animais abandonados, e a xestión de colonias felinas, reses mostrencas e outros animais competencia municipal.

O adxudicatario deberá realizar o servizo cos recursos necesarios. Corresponderá á Mancomunidade a recollida de animais extraviados e abandonados e o seu aloxamento nun centro de protección animal. Para iso, deberá contar cun servizo de urxencia para a recollida e atención veterinaria destes animais, dispoñible as vintecatro horas do día. Esta xestión realizarase por unha entidade privada, ou unha entidade de protección animal; sen prexuízo de eventuais colaboracións con entidades de protección animal e/ou sistemas de voluntariado.

A parcela dispón dunha superficie aproximada de 29.913 metros cadrados. O refuxio conta coas instalacións necesarias para unha atención adecuada aos animais nelas albergados, contando cun peche perimetral, o que rodea e asegura, aos animais do centro, así como distintos espazos tanto interiores como exteriores, onde se levan a cabo as diferentes tarefas necesarias, para satisfacer as necesidades dos animais do centro e dos seus traballadores.

Archivo-refuxio de Mougá

A empresa adxudicataria será a encargada de xestionar e organizar as instalacións do centro municipal, ás necesidades do servizo que se pretende contratar, así como de todos os gastos relativos ao seu mantemento.

O servizo será prestado as 24 horas do día, todos os días do ano. Atenderanse os avisos, á maior brevidade posible, da Mancomunidade, da Policía Local dos concellos adheridos, de Protección Civil ou doutra entidade municipal autorizada polos mesmos. Na actualidade, o refuxio de Mougá ten albergados 68 cans e 27 gatos.

O contrato sairá a licitación por 500.036,50 euros IVE incluído, máis do dobre que o contrato actual. Este incremento está motivado pola ampliación de recursos tanto humanos como materiais necesaria para o cumprimento da nova lei estatal de benestar animal. A duración será de catro anos con posibilidade de unha prórroga dun ano.

Lea también

Equiocio, impulsado por la familia de Paloma Lago, aplaza un acto este viernes tras conocerse la denuncia a Villares

Equiocio, evento ecuestre promovido por la familia de la presentadora ferrolana Paloma Lago, ha remitido …