“Os compromisos autoimpostos de abrir a estrada antes de Semana Santa, ocasionan que o aglomerado durara exactamente 4 días deixando un vial de 3 kilómetros sen pasos de peóns” denunciou Reina Villalón.
Dende o grupo socialista lamentaron «os perxuicios ocasionados ós veciños e visitantes que a falta de seriedade e xestión do alcalde no contrato para o aglomerado da estrada de Catabois estaba ocasionando, afirmando que se está perxudicando a imaxe de Ferrol de cara aos turistas. Como consecuencia das presas por abrir esta estrada xa se poden apreciar defectos que, como consecuencia tamén das últimas choivas, están deteriorando o recente asfaltado e se poden apreciar a simple vista e en varios puntos graves deterioros»
O concelleiro socialista, Julián Reina, lembrou que «o pasado mes de marzo, dende o grupo socialista mostraron a sua preocupación polas consecuencias do retraso na execución de dito contrato da que resposabilizou “ás ausencias do alcalde”. Explicou que «dito retraso, que cuantificou en dous anos, produciuse en primeiro lugar pola decisión do actual executivo de refundir os proxectos que xa estaban rematados no momento da toma de posesión do actual alcalde, en segundo lugar criticou a dilación para a licitación, formalización, e inicio da execución da actuación, puntualizando que “a obra comezou cando tiña que levar tempo rematada” o que según o grupo socialista retrasou un investimento de 293.054,54 €.»
Para rematar, o concelleiro socialista, achacou dita situación a doble condición do alcalde «ao compatibilizar o cargo de alcalde có de Senador, denunciando os imcumplimentos nos anuncios realizados por parte do alcalde nas roldas de prensa que se celebran no Pazo Municipal cada luns despois das xuntas de goberno ordinarias».
Entre estos incumprimentos destacou “expedientes de penalidades que recaerían sobre as empresas que se retrasaran na execución das obras, penalidades que nunca se impuxeron, as datas de apertura da rúa da Igrexa sin esperar o tempo recomendado para unha obra de 5.000.000 €, que agora vemos como en determinados tramos tiveron que volver a intervir, e mesmo como está afundindo o encontro coa Rúa da Terra, e o último exemplo o temos na Estrada de Catabois, na que os compromisos autoimpostos de abrir a estrada antes de Semana Santa, ocasionan que o aglomerado durara exactamente 4 días, e que se abrira unha estrada ás presas deixando un vial de 3 kilómetros sen pasos de peóns, có risco que eso conleva”.
Para finalizar, Julián Reina, acusou ao alcalde «de estar máis centrado en facerlle oposición ao Goberno de España que en resolver os problemas de Ferrol».