A Copa máster de clubs viaxa a Sada

O club Atletismo Sada proclamouse campión da VIII Copa de Clubs Máster en ambas categorías nun emocionante encontro disputado esta fin de semana nas pistas viguesas de Balaídos.

Federación Galega de Atletismo

Emoción e bos rexistros

O equipo das Mariñas empataba a puntos co Samertolameu na categoría feminina a 61 puntos polo que tivo que decidir a porcentaxe a mellores postos que finalmente beneficiaría ao conxunto sadense. As ourensáns de La Purísima con 37 puntos, lograban o terceiro lugar do podio.

Por parte do equipo gañador, lograban mellores porcentaxes individuais Monserrat Fernández nos 100 m; Ángeles Ripoll nos 800 m.; Emilia Rodríguez nos 3.000 marcha; Natalia García nos 3.000 m.; Tania Valverde na lonxitude; Ángeles Rodríguez na xavelina e o equipo de relevos 4×400.

Federación Galega de Atletismo

Na categoría masculina, novamente o equipo sadense lograba impoñerse desta vez ao Marineda At. por un resultado de 110-100 puntos sendo o terceiro lugar do podio con 96 p. , para o Samertolameu.

Os gañadores parciais do Sada foron, Javier Llopis nos 100 e nos 200 m.; Iván Somoza nos 800 m.; Jacinto Parga nos 400 m.; Juan Luis Paz nos 100 valos; Juan José Vila nos .3000 m.; Nicolás Bas nos 3000 obstáculos así como o equipo de relevos 4×100 m.

Federación Galega de Atletismo

Categoría Masculina: 1º C.A. Sada/ 2º Marineda At./ 3º Samertolameu/ 4º S. Gimnástica/ 5º C.A.Santiago/ 6º Ourense At./ 7º S.D.Compostela

Categoría Feminina: 1ª C.A. Sada/ 2ª Samertolameu/ 3ª La Purísima/ 4ª S. Gimnástica

Lea también

Narón acollerá esta semana un campionato adaptado e outro inclusivo de tenis de mesa

O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, e o presidente do Club Tenis de Mesa Narón, …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *