O BNG de Ferrol insta a manter as árbores da avenida de Compostela

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG no concello de Ferrol, amosou a súa preocupación polas declaracións «realizadas por parte do responsábel de Medio Ambiente e Obras do goberno local, nas que afirma que “los árboles son para estar en las praderas” «e onde suxire unha probable tala das especies existentes na avenida de Compostela».

Rivas advertiulle ao alcalde da cidade que «a vexetación e en concreto as arbores son hoxe un instrumento fundamental para o desenvolvemento das cidades sostibles e lembroulle, unha vez máis, que Ferrol ten un déficit significativo de vexetación nos seus núcleos urbanos tal e como acredita o ranking de Isglobal, onde a nosa cidade ocupa o posto 818 de un número de 868 cidades europeas respecto á porcentaxe de zonas verdes».

«Por outra parte lemboulle que o que precisa a cidade é unha adaptación dos espazos urbanos a estes estándares de deseño e por tanto proxectos de urbanización que contemplen a vexetación como un elemento a preservar e valorar. Cómpre lembrar que neste lugar da cidade os problemas existentes derivan da inexistencia mesmo de beirarrúas e cun espazo de paso para o peón ridículo, sen pavimento e que incumpre os mínimos estándares de accesibilidade. Por tanto o goberno deberá pensar na urbanización do espazo e non no sin sentido da tala de árbores como solución».

Por último Rivas, instou ao alcalde da cidade «a abandonar os criterios anacrónicos do desenvolvemento urbano dos anos 70 e 80 con máis coches e menos árbores e abrace dunha vez os actuais estandares de deseño urbano dos que a recuperación das rúas para a xente e a incorporación da vexetación nos ámbitos urbanos son parte inexcusable».

Lea también

A Mancomunidade aproba o prego que rexirá a contratación do servicio de xestión do refuxio de animais de Mougá

O contrato duplica o presuposto  anterior e terá unha duración de catro anos máis un. …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *