Novo éxito de público na Feira Multisectorial Agrícola de Narón

A concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez, destacou o éxito, tanto de participación como de público, nesta nova edición, a décimo cuarta, da Feira Multisectorial Agrícola organizada polo Concello de Narón.

Na xornada de onte sábado abría as súas portas no recinto ferial do Trece, na parroquia de Sedes, este evento, que continúa este domingo 13 de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, con entrada de balde. “Este ano contamos cun total de trinta e dous postos de venda de diferentes produtos de horta, alimentación, artesanía e maquinaria”, apuntou a edil naronesa, que indicou que esta fin de semana se está achegando ao recinto “moita xente de Narón e tamén doutros concellos”.

Plantas da horta, especies ornamentais, árboles froiteiras, queixos, mel, marmeladas, embutidos de cervo, búfalo, xabaril… velas aromáticas, forman parte dos produtos á venda no interior da nave do Trece. Na zona exterior pódense adquirir artículos de cestería, apeiros de labranza, artículos de madeira, xabróns artesáns… A maiores, tamén na zona exterior se reservou unha zona para maquinaria agrícola e un posto de comida (polbo, churrasco…).

“Esta feira é xa un dos eventos máis consolidados na nosa cidade, cunha gran afluencia de público e tamén con importantes vendas, segundo manifestan as persoas dos postos que acuden, algúns deles por primeira vez e outros asiduos xa a esta cita que celebramos cada mes de abril na cidade”, asegurou Gómez.

A concelleira naronesa recordou que as persoas que realicen compras recibirán uns tickets cos que poden obter algún dos agasallos (productos da feira) que se sortean ao longo da mañá e da tarde. Así mesmo, indicou que hai unha zona de obradoiros para nenos e degustacións de balde nalgún dos postos.

Lea también

La acusación particular solicita prisión permanente revisable para el joven acusado de asesinar a su padre en Narón

La acusación particular solicita prisión permanente revisable para el joven C.F.F., de 26 años acusado …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *