A Deputación de A Coruña despide as Residencias Artísticas Mariñán 2025

Hoxe foi a posta de largo deste proxecto da área de cultura da Deputación, polo que pasaron os autores Blanca Trigo; Sergio Marey; Paula Sanmartín e María Bella e os músicos Indra, Abril, Ailén Kendelman e Nanu. Os e as participantes amosaron o agradecemento á Deputación por “apoiar os procesos creativos” e pola “confianza e a liberdade do proceso”. ”Non hai un ‘teño’, hai un ‘quero’, e creamos desde outro lugar”, salientaron. A deputada de cultura, Natividade González recoñecía que “para min é unha honra ver como estas Residencias Mariñán se están convertendo en berce do talento galego, de onde saen proxectos que despois acadan tantos éxitos”

Fuente Diputación de A Coruña/CrisAndina

As Residencias Artísticas Mariñán 2025 chegan este venres 11 ao seu fin, despois de 12 días nos que os 8 participantes tanto nas modalidades de música (Indra, Abril, Ailén e Nanu) como nas de literatura (Sergio Marey e Blanca Trigo) e pensamento (Paula Sanmartín e María Bella) compartiron espazo para desenvolver os seus proxectos creativos da man dos comisarios Aitana Cuétara (música) e Roberto Abuín (literatura e pensamento).

O Pazo de Mariñán acolleu un acto oficial de despedida, no que a deputada, Natividade González, expresou a súa gratitude a todos os participantes, “por aproveitar como o facedes os recursos públicos que ofrecemos dende a Deputación”. “Para min é unha honra ver como estas Residencias Mariñán se están convertendo en berce do talento galego, de onde saen proxectos que despois acadan tantos éxitos”, sinalou. “Nesta institución entendemos como unha obriga apostar, non tanto polos produtos, como polos procesos creativos para favorecer o desenvolvemento dos proxectos, aportando recursos como formación, asesoramento, tempo e o espazo do propio Pazo”.

Fuente Diputación de A Coruña/CrisAndina
Fuente Diputación de A Coruña/CrisAndina

O comisario, Roberto Abuín, sinalaba o “gran traballo” da Deputación “para potenciar o espazo creador e de pensamento”. Apuntaba que a arte “é unha espazo de liberación e expansión, e que esta institución o acompañe desta forma tan consciente é fundamental”. Palabras ás que se sumaba a comisaria de música, Aitana Cuétara, que fixo referencia á aposta “polo espazo creativo” onde conviven “proxectos moi diferentes, o que é moi enriquecedor”.

Aposta polo proceso creativo

Pola súa banda, todos os participantes valoraron moi positivamente a iniciativa. “Estes espazos son moi necesarios, para poder parar e adicarte á creación”, sinalaban, “supoñen un contrapunto”. “Dispor deste tempo de calidade nesta contorna é poder adicarse á arte na súa totalidade”.

Tamén agradeceron a posibilidade de “dispoñer dun pazo como este” e “a confianza e a liberdade do proceso”. ”Non hai un ‘teño’, hai un ‘quero’, e creamos desde outro lugar”, salientaron, ao tempo que puxeron en valor “o non facer nada, o feito de non esixir un obxectivo produtivo porque aí é onde xorden as ideas e a beleza” e ofrecer, pola contra “recursos para a creación, a creatividade e a comunidade”.  Neste sentido, ademais, recalcaron a “oportunidade” que supón compartir experiencia con outros creadores, “moi enriquecedora no profesional e no persoal, pois desas convivencias saen novas ideas, propostas e incluso colaboracións”. E, repetían, “deberían existir máis iniciativas así”.

Fuente Diputación de A Coruña/CrisAndina

Formacións e asesorías

As Residencias Artísticas Mariñán contan con diferentes formacións e asesorías personalizadas para cada proxecto, de diferentes ámbitos: o dereito, produción, distribución, marketing… “Nestes dez días pasaron por aquí produtores, artistas, unha avogada, xente de discográficas…” sinalaba a comisaria, “para axudar aos artistas a que todo colle forma e se asegure a viabilidade profesional dos seus proxectos” xa que “ter o contexto económico axuda moitísimo”.  

Lea también

Tras siete años de obras de rehabilitación la iglesia de Dolores abre sus puertas

La reapertura de la iglesia de Dolores después de siete años cerrada por obras es …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *