Ares programa varios obradoiros de Pascua para as crianzas da vila

O equipo técnico dinamizador da biblioteca municipal da localidade vén de anunciar as actividades que organizarán na Alianza Aresana a vindeira semana, incorporando múltiples obradoiros de Pascua dende o luns, 14, ao mércores, 16 de abril.

O mesmo luns principiará a programación pola mañá, dende as 11:00 horas, con ‘Contos ao meu peluche’, unha sesión onde se convida aos pequenos e pequenas dende os 2 anos –en compaña dun adulto- a traer os seus bonecos e narrar os seus contos favoritos. Será no cuarto de contos da Biblioteca Municipal, de balde e sen reserva previa.

Posteriormente á organización de ‘Contos ao meu peluche’ comezarán os obradoiros en si mesmos, partindo todos eles dun prezo de 3 euros e a necesidade de inscribirse previamente na páxina web municipal, www.concellodeares.gal.

O primeiro deles, o ‘Obradoiro de Pascua’, chegará na tarde do 14 de abril ás 17:00 horas e para os nenos de 6 a 10 anos, de cara a continuar coas ‘Procuras de oviños de Pascua’ que se realizarán durante as dúas seguintes xornadas do 15 de abril (nenos de 3 a 5 anos) e 16 de abril (de 6 a 10 anos), ambas programacións a partir das 18:00 horas.

Lea también

Admitidos todos los menores preinscritos en el campamento municipal de verano “Neda concilia 2026”

El Ayuntamiento de Neda acaba de publicar la lista oficial de niños admitidos en el …