Cultura da Deputación da Coruña crea o premio Luis Seoane de deseño

O departamento de Cultura de Deputación da Coruña anunciou a creación do premio Luis Seoane de deseño, que recoñecerá as traxectorias, de máis de dez anos, de persoas, colectivos ou entidades cuxos traballos sexan relevantes nas especialidades do deseño gráfico e comunicación visual, deseño dixital, deseño de procesos de organización, deseño industrial e de produto, deseño de espazos e deseño de moda.

Fuente Diputación de A Coruña

Establécese un único premio de 6.500 euros e o prazo para presentar candidaturas –de xeito telemático, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTEL)– rematará ás 14 horas do 19 de maio

A deputada de Cultura, Natividade González, presidirá o xurado, que estará formado por unha persoa que pertenza ao ámbito do ensino do deseño, tres profesionais en exercicio de diferentes especialidades –gráfico, de produto, dixital, de moda, etc.– e unha persoa do ámbito empresarial ou cultural, especialmente relacionado cos campos do deseño, a arte e a comunicación.

“Con este novo premio, que incorporamos ao xa imprescindible catálogo de certames convocados polo departamento de Cultura da Deputación”, explica González, “queremos  non só homenaxear a figura irrepetible de Luis Seoane, creador total, visionario e pioneiro do deseño gráfico en Galicia, cuxa obra e legado é fundamental para entender a modernidade estética no noso país”. “Queremos tamén”, engadiu, “galardoar traxectorias consolidadas e que a convocatoria se converta nun referente e nun espacio de encontro e recoñecemento para os e as profesionais do deseño en todas as súas disciplinas”.

Co novo certame, a Deputación da Coruña segue a apostar, segundo González, “por iniciativas que fomenten o talento galego; neste caso, nun sector clave para a cultura, a industria e a comunicación na Galicia do século XXI”.

As bases poden consultarse e descargarse no BOP do 28 de marzo.

Lea también

El Concello de Ferrol aprueba las bases de fomento de la cultura de 2025

Este lunes la junta de gobierno local ha dado el visto bueno a la aprobación …