A Deputación da Coruña pon en marcha un servizo de autobuses e visitas ó Mosteiro de Caaveiro

O complexo patrimonial das Fragas do Eume poderá visitarse de 11:00 a 14:30 horas e de 15:30 a 19:00 desde este venres 11 e ata o luns 21. O servizo de transporte, gratuíto, terá como punto de orixe e retorno o Centro de Interpretación de Pontedeume.

Fuente Diputación de A Coruña

A Deputación da Coruña volve poñer en marcha esta Semana Santa un servizo de atención ós visitantes e autobuses no Mosteiro de Caaveiro, nas Fragas do Eume.

Esta iniciativa parte da área de patrimonio e contratación da institución provincial, liderada polo deputado Xosé Penas, que explica que o Mosteiro de Caaveiro “é un dos elementos que compoñen o conxunto de recursos patrimoniais da Deputación da Coruña e que, polo tanto, cómpre poñer en valor”.

“Trátase dun enclave que non só ten un importante valor por si mesmo grazas ao seu conxunto de edificacións con orixe no século X, senón tamén pola súa contorna natural”, engadiu Penas.

Fuente Diputación de A Coruña

O complexo poderá visitarse de xeito gratuíto desde este venres, 11 de abril, e ata o luns 21. O horario de recepción de visitas é de 11:00 a 14:30 horas e de 15:30 a 19:00 todos os días. Ademais, a Deputación ofrece un servizo de transporte en autobús de balde que terá como punto de orixe e destino o Centro de Interpretación de Pontedeume.

Este servizo de atención aos visitantes xa se ofertou durante o pasado verán, entre o 12 de xullo e o 22 de setembro; Agora, neste período de ‘tempada alta’, a Deputación da Coruña volve apostar por potenciar as visitas ao seu patrimonio.

Lea también

Xeoparque Mundial UNESCO Cabo Ortegal ofrece dúas rutas guiadas

A Asociación para a Xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal ofrece durante esta Semana Santa …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *