AIC homenaxea ó pintor Joaquín Rojo Seijas ‘Quinín’ no 90 aniversario do seu nacemento

A Agrupación Instrutiva de Caamouco AIC organiza esta fin de semana as xornadas ‘O legado de Quinín’, en colaboración co Concello de Ares. Trátase dun conxunto de actividades coas que a entidade vai render homenaxe ao pintor redeño Joaquín Rojo Seijas, coñecido popularmente como ‘Quinín’, no 90 aniversario do seu nacemento.

As xornadas vanse abrir o sábado 12 ás 12:00 horas coas intervencións do presidente da Agrupación, Dani García, e do alcalde de Ares, Julio Iglesias. A continuación inaugurarase no salón de actos da sociedade unha exposición colaborativa con obras de Joaquín Rojo. Trátase dunha mostra na que se reúnen cadros do autor pertencentes a veciños e que, polo tanto, en contadas ocasións puideron ser vistas en público.

Xa o sábado pola tarde, ás 17:00 horas, terá lugar un obradoiro infantil. Baixo o título ‘Pintamos como Quinín’, a rapazada terá a oportunidade de entrar en contacto coa súa obra e o seu estilo. Trátase dunha proposta de balde aberta a nenos e nenas para a que é precisa inscrición previa no 680 16 19 29.

O sábado pola tarde terán lugar tamén outras dúas propostas destacadas. A partir das 19:00 horas proxectarase unha peza documental sobre Quinín que pertence ao arquivo audiovisual da Agrupación Instrutiva.

A continuación terá lugar un faladoiro sobre a súa vida, con veciños e amigos que o coñeceron e que compartiron inquedanzas con el. Hai que lembrar que máis alá da súa faceta artística Quinín tiña un forte arraigo con Redes, vila da que dicía sentirse namorado. Tamén amosaba acotío un forte compromiso político, sempre moi combativo contra o fascismo.

 

Lea también

A foodtruck de ‘Galicia sabe amar”, este domingo no paseo marítimo de Ares

Este 13 de abril, xusto diante da casa consistorial e ao longo de todo o …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *